A Ponte Vella (en bosníaco: Stari Most) é unha ponte construída no século XVI durante o Imperio Otomán, localizada na cidade de Mostar, en Bosnia e Hercegovina. Cruza o río Naretva e une as dúas partes da cidade.

Está considerada unha peza exemplar da arquitectura islámica nos Balcáns, e é un dos símbolos máis recoñecidos do país.

Historia A ponte, que data do século XVI, sempre foi considerada un símbolo da época otomá de Bosnia e Hercegovina. Ten unha anchura de tres metros e unha lonxitude de 30. Ás dúas beiras levántanse dúas torres, a Halebija e a Tara, engadidas no século XVII.

Guerra de Bosnia O 9 de novembro de 1993 foi destruída durante a guerra de Bosnia. Slobodan Praljak, o comandante do Consello Croata de Defensa que ordenou a súa destrución, suicidouse en 2017 ante o tribunal TPII que ratificaba a súa condena a 20 anos de prisión por dita acción, así como por outros cargos.

As dúas beiras da cidade estiveron ligadas ata a reconstrución por unha ponte provisional, deseñada por enxeñeiros militares españois e portugueses

Reconstrución miniatura|266x266px|A ponte orixinal nunha fotografía de 1974. Coa chegada da paz iniciáronse os traballos de reconstrución, baixo a colaboración da Unesco e de organizacións de rescate de Patrimonio da Humanidade. A nova ponte foi inaugurada o 23 de xullo de 2004 e o seu custo foi de aproximadamente 15 millóns e medio de dólares.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A ponte de Mostar na páxina web da Unesco

Categoría:Pontes de Bosnia e Hercegovina