Alfândega da Fé é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Braganza, rexión Norte e subrexión do Alto Tras os Montes que, no ano 2011, contaba con 2 055 habitantes."Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento).

Xeografía Alfândega da Fé é a sede dun municipio de 321,95 km² de superficie,Instituto Geográfico Português. Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versión 2013 , no que vivían, segundo o censo de 2011, 5 104 habitantes. Está subdividido en 12 freguesías.Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Diário da República.

O concello é coñecido popularmente como "a capital da cereixa".Alfândega da Fé en Douro Valley , , .

Límites O municipio está limitado ao norte polo municipio de Macedo de Cavaleiros, ao leste polo de Mogadouro, ao sur polo de Torre de Moncorvo, ao oeste polo de Vila Flor e ao noroeste, nunha moi pequena extensión, polo de Mirandela.

Historia As súas orixes remóntase ao século VIII, época en que se cre que foi a sede administrativa dunha rexión árabe, a Vilaia de Aldandica. En 1294 o rei de Portugal Dinís (1261-1325) concedeulle a primeira carta foral a Alfândega da Fé.

Poboación Número de habitantes Statistics Portugal Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População). 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 9 069 8 906 8 768 9 069 9 341 8 037 8 789 9 963 10 204 9 672 7 701 7 925 6 734 5 963 5 104

Número de habitantes por grupos de idade Instituto Nacional de Estatistica, Censos 2011. 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 0-14 Anos 3 197 3 338 2 778 3 148 3 593 3 393 3 172 2 145 1 918 1 187 745 49615-24 Anos 1 585 1 599 1 369 1 554 1 682 1 877 1 607 1 135 1 362 994 719 49725-64 Anos 3 825 3 960 3 329 3 554 3 970 4 219 4 086 3 145 3 462 3 197 2 845 2 451= ou > 65 Anos 307 396 477 560 591 656 807 985 1 183 1 356 1 654 1 660 > Id. descoñ. 2 23 45 46 30

Freguesías miniatura|200px|Freguesías do concello. O concello de Alfândega da Fé está dividido en 12 freguesías: Agrobom, Saldonha e Vale Pereiro Alfândega da Fé Cerejais Eucísia, Gouveia e Valverde Ferradosa e Sendim da Serra Gebelim e Soeima Parada e Sendim da Ribeira Pombal e Vales Sambade Vilar Chão Vilarelhos Vilares de Vilariça

Irmandamento O concello de Alfândega da Fé está irmandado coa cidade:Associação Nacional de Municípios Portugueses. Geminações de Cidades e Vilas . Medina de Rioseco, Castela e León, España

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Página oficial do concelho de Alfândega da Fé Pelos Caminhos do Douro À Descoberta de Alfândega da Fé

Categoría:Concellos do distrito de Braganza