miniatura|upright=1.35|Reconstrución de como podían estar situados o océano de Xápeto e os continentes que o rodeaban no Ediacárico tardío O océano de Xápeto (ou Xapeto) foi un océano que existiu no Neoproterozoico tardío e no Paleozoico temperán (hai entre 600 e 400 millóns de anos). O océano de Xápeto estaba situado no hemisferio sur, entre os paleocontinentes de Laurentia, Báltica e Avalonia. Este océano desapareceu cando se produciron as oroxenias acadiana, caledoniana e tacónica, cando estes tres continentes se uniron para formar unha gran masa de terra chamada Euramérica. Propúxose que o océano de Xápeto "do sur" se pechou coas oroxenias famatiniana e tacónica, o que significa unha colisión entre o oeste de Gondwana e Laurentia.
Como o oocéano de Xápeto estaba situado entre as masas continentais que moito tempo despois formarían aproximadamente as beiras opostas do océano Atlántico, pode considerarse o precursor do Atlántico. Como o Atlántico fora nomeado así polo titán da mitoloxía grega Atlas, que era fillo do titán Xápeto, o océano "pai" do Atlántico denominouse océano de Xápeto. O nome Xápeto foi usado por primeira vez por Harland e Gayer en 1972, e antes a este océano chamábaselle o Proto-Atlántico.
Investigación histórica miniatura|upright=1.35|Falla xeolóxica en Niarbyl (illa de Man). A liña diagonal estreita do centro da imaxe é un indicio visible do océano de Xápeto.
A inicios do século XX o paleontólogo norteamericano Charles Walcott observou diferenzas entre os trilobites bentónicos do Paleozoico temperán de Laurentia (como os da familia Olenellidae, a chamada "fauna do Pacífico"), atopados en Escocia e oeste de Terranova e os de Báltica (como os Paradoxididae, que se adoitan chamar a "fauna atlántica"), atopados no sur das illas Británicas e leste de Terra Nova. Os xeólogos de principios do século XX spoñían que existira unha gran depresión, denominada xeosinclinal, entre Escocia e Inglaterra a inicios do Paleozoico, que mantiña as costas de ambos os lados separadas.
Co desenvolvemento da tectónica de placas na década de 1960, xeólogos como Arthur Holmes e John Tuzo Wilson chegaron á conclusión de que o océano Atlántico debeu ter un precursor anterior ao tempo da Panxea. Wilson tamén se decatou de que o Atlántico se abrira aproximadamente seguindo o mesmo trazado polo que o seu precursor se pechara, pero con algunhas diferenzas. Isto levouno a presentar a hipótese do ciclo de Wilson.
Historia xeodinámica
Orixe neoproterozoica
En moitos lugares de Escandinavia atópanse diques basálticos de idades entre os 670 e 650 millóns de anos de antigüidade. Interprétanse como unha proba de que naquela época empezara a formación do rift que daría lugar ao océano de Xápeto. En Terrranova e Labrador, os diques Long Range tamén se cre que se orixinaron durante a formación do océano de Xápeto. Propúxose que tanto o Complexo Fen de Nouega coma o Complexo Alnö de Suecia se formaron como consecuencia dunha tectónica extensional suave no antigo continente de Báltica que se produciu despois da apertura do océano de Xápeto.
O sur do océano de Xápeto abriuse entre Laurentia e o sueste de Gondwana (agora Suramérica) hai aproximadamente 550 millóns de anos na transición entre o Ediacárico e o Cámbrico. Na época en que o facía, tamén se pechou o océano de Adamastor máis ao leste. A apertura do océano de Xápeto probablemente é posterior á apertura do océano Puncoviscano e o océano de Xápeto estaba separado do océano Puncoviscano polo terreo con forma de fita de Arequipa-Antofalla. Porén, a formación de ambos os océanos non parece estar relacionada.
Paleozoico
miniatura|upright=1.35|Posición dos continentes despois da oroxenia caledoniana (do Devoniano ao Permiano). As diferenzas na fauna fósil a ambos os lados da liña vermella (a sutura de Xápeto) son unha proba da existencia dun océano entre ambas as beiras na época anterior a que os continentes se unisen no supercontinente Panxea. Figura baseada en Windley (1996) e Ziegler (1990)
Ao suroeste do Xápeto, evolucionou un arco de illas desde inicios do Cámbrico (hai 540 millóns de anos). Este arco volcánico formouse sobre unha zona de subdución na que a litosfera oceánica do océano de Xápeto subducía cara ao sur por debaixo doutra litosfera oceánica. Desde a época cámbrica (hai uns 550 millóns de anos) o oeste do océano de Xápeto empezou a facerse progresivamene máis estreito debido a esta subdución. O mesmo aconteceu máis ao norte e leste, onde Avalonia e Báltica comezaron a moverse cara a Laurentia desde o Ordovícico (hai 488-444 millóns de anos).
A fauna de trilobites das plataformas continentais de Báltica e Laurentia son aínda moi diferentes no Ordovícico, pero as faunas do Silúrico mostran unha progresiva mestura de especies, porque os continentes se moveron achegándose cada vez máis.
No oeste, o océano de Xápeto pechouse coa oroxenia tacónica (desde hai 480 a 430 millóns de anos), cando o arco de illas volcánico chocou con Laurentia.United States Geological Survey document: "The Highlands Province". Algúns autores consideran a cunca oceánica ao sur do arco de illas volcánicas tamén como parte do Xápeto, e esta rama pechouse durante a posterior oroxenia acadiana, cando Avalonia colisionou con Laurentia.
Suxeriuse que o sur do océano de Xápeto se pechou durante unha colisón continental entre Laurentia e Gondwana occidental (Suramérica). Se iso é certo, o oróxeno tacónico sería a continuación cara ao norte do oróxeno famatiniano exposto na Arxentina. (Noutras palabras, o que actualemnte é o extremo norte do oróxeno famatiniano tería estado conectado co que actualmente é o sur do oróxeno tacónico).
Mentres tanto, as partes orientais xa se pecharan tamén co peche do mar de Tornquist entre Avalonia e Báltica xa durante o Ordovícico tardío,Ver Torsvik e Rehnström (2003) e o da rama principal entre Báltica-Avalonia e Laurentia durante as fases grampiana e escandiana da oroxenia caledoniana (hai de 440 a 420 millóns de anos).Fossen, H. & Dunlap, J.W.; 1998: Timing and kinematics of Caledonian thrusting and extensional collapse, southern Norway: evidence from 40Ar/39Ar thermochronology. Journal of Structural Geology 20, 765-781.Torsvik, T.H.; Smethurst, M.A.; Meert, J.G.; Van der Voo, R.; McKerrow, W.S.; Brasier, M.D.; Sturt, B.A. & Walderhaug, H.J.; 1996: Continental break-up and collision in the Neoproterozoic and Palaeozoic – A tale of Baltica and Laurentia, Earth-Science Reviews 40, p. 229–258.
A finais do Sulúrico (c. -420 millóns de anos) o océano de Xápeto xa desaparecera por completo e as masas combinadas dos tres continentes formaban o "novo" continente de Laurasia.Ver reconstrucións paleoxeográficas das colisións por exemplo en Stanley (1999), p. 386; Ziegler (1990), pp. 17-19
Notas
Véxase tamén Bibliografía
; 1972: The Arctic Caledonides and earlier oceans, Geological Magazine 109, pp. 289–314. ; 2003: The making and unmaking of a supercontinent: Rodinia revisited, Tectonophysics 375, pp. 261–288. ; 1999: Earth System History, W.H. Freeman & Co, . ; 2003: The Tornquist Sea and Baltica–Avalonia docking, Tectonophysics 362, pp. 67– 82.
; 1996: The Evolving Continents, John Wiley & Sons (3rd ed.), . ; 1990: Geological Atlas of Western and Central Europe, Shell Internationale Petroleum Maatschappij BV (2nd ed.), .
Ligazóns externas Earth.ox.ac.uk - Para unha información xeolóxica máis ampla ver a paleoxeografía do Ordovício e a evolución do océano de Xápeto.
Categoría:Paleoxeografía