Irene Paleóloga (en grego: Ειρήνη Παλαιολογίνα, Eirēnē Palaiologína), nada c. 1315 e finada despois de 1341, foi emperatriz de Trebisonda desde o 6 de abril de 1340 até o 17 de xullo de 1341.

Traxectoria Era unha filla ilexítima do emperador bizantino Andrónico III Paleólogo, e casou co emperador Basilio de Trebisonda en 1335. En 1340, despois da morte do seu marido, ascendeu ao trono de Trebisonda, pero o seu reinado foi moi curto debido á súa incapacidade para facer fronte aos conflitos internos e os perigos externos que ameazaban o imperio. Viuse obrigada a abdicar en xullo de 1341.

Véxase tamén

Bibliografía

W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.

Categoría:Emperatrices de Trebisonda Categoría:Nados no século XIV Categoría:Finados no século XIV Categoría:Nados en Istanbul