Ana Anakhutlu Comnena (en grego: Άννα Μεγάλη Κομνηνή, Anna Megalē Komnēnē), finada en 1342, foi emperatriz de Trebisonda desde o 17 de xullo de 1341 até o 4 de setembro de 1342. Traxectoria Ana foi a filla máis vella do emperador Afasto II de Trebisonda e a súa esposa xeorxiana, Djiadjak Jaqeli. Malia ser monxa, tomou acción política mediante a montaxe da rebelión contra Irene Paleóloga (1340-1341). Tomando vantaxe dos ataques lanzados polos turcománs de Amida, ascendeu ao trono de Trebisonda. En 1342 foi esganada polo usurpador ao trono, Xoán, posteriormente Xoán III de Trebisonda (1342-1344).

Véxase tamén Bibliografía W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.

Categoría:Emperatrices de Trebisonda Categoría:Finados en 1342 Categoría:Nados en ano descoñecido