Judicaël Romaric Belemene Dzabatou, máis coñecido como Romaric Belemene, nado o 19 de febreiro de 1997 en Pointe-Noire é un xogador profesional de baloncesto congolés que xoga no Cáceres Patrimonio de la Humanidad da Liga LEB Ouro. Xoga na posición de ala.

Traxectoria Nado en Pointe-Noire (República do Congo), Belemene comezou a súa carreira no baloncesto como adolescente no Campus de Serge Ibaka. Con catroce anos asinou polo Unicaja Málaga, xogando nas categorías inferiores do club malagueño. Tras varios anos de formación, en 2013 pasa a formar parte do filial do equipo. Na súa primeira temporada, en liga EBA, fai unha media de 9,3 puntos e 5,6 rebotes por partido. Ao ano seguinte seguinte aumenta as súas prestacións ao chegar aos 13,8 puntos e 9,8 rebotes por partido. Na campaña 2014−15 debuta en LEB Prata, debutando tamén co primeiro equipo na máxima categoría, a Liga ACB. O seu debut en ACB sería o 19 de outubro de 2014 ante o La Bruixa d'Or Manresa no Palacio de Deportes Martín Carpena. Na temporada seguinte, de novo co Clínicas Rincón en LEB Prata, anotou 14,9 puntos e capturou 5,6 rebotes por partido en 34 aparicións.

Na temporada seguinte foi considerado candidato para o Draft da NBA 2016, aínda que declinou participar finalmente. No verán dese mesmo ano asina unha cesión por dous anos co ICL Manresa en ACB. Na temporada 2016−17 xoga 30 encontros, onde fai unha media de 3 puntos e 2 rebotes en 10 minutos por encontro. Ao acabara temporada non segue no equipo de ACB e vai cedido de novo, esta vez ao Oviedo de LEB. No club asturiano fai unha media de 9,2 puntos e 4,4 rebotes por encontro en liga regular. Tras finalizar a temporada volve a máxima categoría asinando polo Club Baloncesto Breogán, esta vez como axente libre.

O 28 de xullo de 2020, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Club Básquet Coruña da Liga LEB.

Clubs Clínicas Rincón (EBA / LEB Prata, 2013−2016) Unicaja Málaga (ACB: 4 partidos, 2014−2015) ICL Manresa (ACB, 2016−2017) Oviedo (LEB, 2017−2018) Breogán (ACB, 2018−2019) Legia Warszawa (PLK, 2019−2020) Melilla (LEB, 2020) Coruña (LEB, 2020−2021) Cáceres (LEB, dende 2021)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en feb.es

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados na República do Congo Categoría:Xogadores de baloncesto da República do Congo Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores do CB Málaga‎ Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa‎ Categoría:Xogadores do Oviedo CB‎ Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Melilla Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto