As Terras de Tras os Montes (en portugués, Terras de Trás-os-Montes) son unha subrexión (ou comunidade intermunicipal) da Rexión Norte de Portugal —unha rexión estatística de nivel III (NUTS III)— coordinada pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal.
Xeografía As Terras de Tras os Montes comprenden gran parte do distrito de Braganza, cidade na que está situada a sede da comunidade intermunicipal.
A subrexión limita ao oeste coa subrexión do Alto Tâmega, ao norte e ao leste con España (Galicia e Castela e León respectivamente) e ao sur coa subrexión do Douro.
Abarca unha superficier de 5 543,61 km². No ano 2011 a súa poboación era de 117 527 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 21,2 hab./km².
Municipios Os concellos que integran as Terras de Tras os Montes son: Alfândega da Fé Braganza Macedo de Cavaleiros Miranda do Douro Mirandela Mogadouro Vila Flor Vimioso Vinhais
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alto Trás-os-Montes Distrito de Braganza Tras os Montes e Alto Douro
Categoría:NUTS III portuguesas Categoría:Institucións de Portugal