John Lee Hooker, nado en Clarksdale (Mississippi) o 22 de agosto de 1912 ou 1917Existe debate sobre o ano do nacemento de Hooker. Téñense dado como datas posibles 1915, 1917, 1920 e 1923(Boogie Man, p. 22). 1912 é o máis citado. e finado en Los Altos (California) o 21 de xuño de 2001 foi un cantante e guitarrista de blues estadounidense.
Traxectoria Infancia e mocidade Crese que Hooker naceu en Tutwiler, Mississippi, en Tallahatchie County, aínda que algunha fontes din que o seu lugar de nacemento estaba preto de Clarksdale, en Coahoma County. Era fillo do matrimonio formado por William Hooker e Minnie Ramsey. O seu pai ademais de traballar na granxa era pasor da igrexa baptista. Tivo seis irmáns e catro irmás.
De neno, a súa familia trasladouse a outra granxa nunha plantación bananeira próxima, onde coñeceu aos músicos de blues Snooky Pryor e Jimmy Rogers. En 1928 separáronse os seus pais e John foi o único irmán que quedou ao coidado da súa nai. Esta volveu casar co músico local de blues William Moore, que ensinou a John a tocar a guitarra cando tetiña trece anos.Oliver, Paul. Conversation with the Blues. p. 188. See also Bennett, Joe; Curwen, Trevor; Douse, Cliff. Guitar Facts. p. 76. Hooker contou posteriormente que grazas a el coñeceu de pequeno lendas como Blind Lemon Jefferson ou Charlie Patton, que ían de visita á súa casa.
En 1931 decidiu emigrar cara ao norte industrial, ao igual que facían outros afroamericanos do sur nesa época. Primeiro parou en Memphis, onde viviu na casa dunha tía, traballou en cines locais e tocou con Robert Lockwood. En 1935 trasladouse a Cincinnati, onde alternou traballos de limpabotas ou de acomodador en teatros con actuacións en grupos de gospel. Logo dun período no exército, instalouse en Detroit durante a segunda guerra mundial, en 1943, onde conseguiu un emprego na industria do automóbil, cun soldo que foi quen de completar cantando en bares de suburbios. Alí casou dúas veces. Coa súa segunda dona, Maude Mathis, tivo seis fillos.
Carreira musical A carreira musical de Hooker comezou en 1948 cando conseguiu o éxito co sinxelo "Boogie Chillen", cantado nun estilo medio falado que se converteu en característico. Ritmicamente, a súa música era moi libre, característica que foi común entre os primeiros músicos acústicos de blues do delta. O seu fraseado non estaba tan atado aos estándares da maioría dos cantantes de blues. Este estilo informal e incoherente foise diluíndo coa aparición das bandas de blues eléctrico de Chicago mais, mesmo cando non tocaba só, Hooker mantivo o seu propio son.
En 1955 acabou o seu contrato con Modern Records e fichou pola compañía Vee Jay, de Chicago, que publicou os clásicos "Dimples" e "Boom Boom".
Mantivo, non obstante, unha carreira en solitario, sendo sempre popular entre os afeccionados ao blues e ao folk de principios dos anos sesenta, o que lle valeu chegar tamén á audiencia branca.
Discos como Black Snake (1959), Wednesday Evening Blues (1960) ou Birmingham Blues (1963) afirmaron o seu prestixio a ambos os lados do Atlántico. En 1970 achegouse novamente ás correntes de moda ao gravar o álbum Hooker 'n' Heat coa banda Canned Heat.
No ano 1977 John Lee fixo un concerto como invitado con Foghat e Paul Butterfield e en 1980, apareceu no filme Os Blues Brothers, interpretando o tema "Boom Boom" nun suburbio.
En 1989 chegou outro éxito cando, xunto con varias estrelas invitadas, incluíndo a Carlos Santana e a súa banda, Bonnie Raitt e Los Lobos, entre outros, gravou "The Healer", que gañou un premio Grammy.
Hooker gravou máis de cen discos e viviu os últimos anos da súa vida en San Francisco, onde tiña un club chamado o "Boom Boom Room", en referencia ao seu grande éxito.
Hooker faleceu mentres durmía o 21 de xuño de 2001 en Los Altos, California. Está enterrado na Chapel of the Chimes en Oakland, California. Foi sobrevivido por oito fillos, dezanove netos e numerosos bisnetos.
Discografía Álbums
1959 - Folk Blues 1959 - House Of The Blues 1959 - The Country Blues of John Lee Hooker 1960 - Blues Man 1960 - I'm John Lee Hooker 1960 - That's My Story 1960 - Traveling''' 1961 - John Lee Hooker Sing The Blues 1961 - Plays And Sings The Blues 1961 - The Folk Lore of John Lee Hooker 1962 - Burnin' 1962 - Drifting the Blues 1962 - The Blues 1962 - Tupelo Blues 1963 - Don't Turn Me from Your Door: John Lee Hooker Sings His Blues 1964 - Burning Hell 1964 - Great Blues Sounds 1964 - I Want to Shout the Blues 1964 - The Big Soul of John Lee Hooker 1964 - The Great John Lee Hooker (Japan only) 1965 - Hooker & The Hogs 1966 - It Serves You Right to Suffer 1966 - The Real Folk Blues 1967 - Live at Cafè Au Go-Go 1968 - Hooked on Blues 1969 - Get Back Home (Black & Blue, 1999) 1969 - If You Miss'Im I Got'Im 1969 - Simply The Truth 1969 - That's Where It's At! 1969 - Get Back Home (First Issue) 1970 - If You Miss 'Im… I Got 'Im 1970 - John Lee Hooker on the Waterfront 1970 - Moanin' and Stompin' Blues 1970 - Hooker 'n' Heat (Recorded Live at the Fox Venice Theatre) 1971 - Endless Boogie 1971 - Goin' Down Highway 51 1971 - Half A Stranger 1971 - Hooker'n'Heat/Infinite boogie 1971 - I Feel Good 1971 - Never Get Out Of These Blues Alive 1972 - Detroit Special 1972 - Live At Soledad Prison 1973 - Born In Mississippi, Raised Up In Tennessee 1974 - Free Beer And Chicken 1974 - Mad Man Blues 1976 - Alone 1976 - In Person 1977 - Black Snake 1977 - Dusty Road 1978 - The Cream 1979 - Sad And Lonesome 1980 - Everybody Rockin' 1980 - Sittin' Here Thinkin' 1987 - Jealous 1988 - Trouble Blues 1989 - Highway Of Blues 1989 - John Lee Hooker's 40th Anniversary Album 1989 - The Detroit Lion 1989 - The Healer con Carlos Santana, Bonnie Raitt... 1990 - Don't You Remember Me 1991 - More Real Folk Blues: The Missing Album 1991 - Mr. Lucky con Ry Cooder, Johnnie Johnson, Keith Richards... 1992 - Boom Boom 1992 - This Is Hip 1992 - Urban Blues 1993 - Nothing But The Blues 1994 - King of the Boogie 1994 - Original Folk Blues… Plus 1994 - Dimples (Classic Blues) 1995 - Alternative Boogie : Early Studio Recordings - 1948-1952 1995 - Chill Out 1995 - Whiskey & Wimmen 1995 - Blues for Big Town 1996 - Moanin' the Blues (Eclipse) 1996 - Alone: The First Concert 1997 - Don't Look Back 1997 - Alone: The Second Concert 1998 - Black Man Blues 2000 - On Campus 2001 - Concert at Newport 2001 - The Cream (Re-issue) 2001 - The Real Blues : Live in Houston 1979 2002 - Live At Newport 2003 - Face to Face 2003 - Burning Hell (Our World) 2003 - Rock With Me 2003 - Blues is my soul 2004 - Jack O' Diamonds: The 1949 Recordings
Recompilatorios
1974 - Mad Man Blues (Chess 1951-1966) 1987 - Don't Look Back 1989 - The Hook : 20 Years of Hits 1991 - Hobo Blues 1991 - The Chess Masters 1991 - The Complete Chess Folk Blues Sessions (The Real Folk Blues/More Real Folk Blues) 1991 - The Ultimate Collection 1948-1990 1992 - Best Of: 1965-1974 1992 - The Ultimate Collection (Universal) 1992 - The Vee-Jay Years - 1955-1964 1993 - Boom Boom (UK only) 1993 - Boogie Man 1993 - The Legendary Modern Recordings - 1948-1954 1994 - Blues Collection (Boogie Man) 1994 - John Lee Hooker (LaserLight) 1994 - The Early Years 1994 - Wandering Blues 1995 - Red Blooded Blues 1995 - The Very Best Of 1996 - Blues Legend 1996 - Live at Cafe au Go-Go (and Soledad Prison) 1997 - His Best Chess Sides 1997 - Live In Concert 1997 - The Essential Collection 1998 - The Best of Friends 1998 - The Complete 50's Chess Recordings 1999 - Best of John Lee Hooker: 20th Century Masters 1999 - This Is Hip [The Best Of] 2000 - The Definitive Collection 2001 - Born With The Blues 2001 - Gold Collection 2001 - Legendary Blues Recordings: John Lee Hooker 2001 - John Lee Hooker presents his House Rent Boogie (Ace) 2002 - Blues Before Sunrise 2002 - The Complete - Vol. 1 [Body & Soul] 2002 - The Complete - Vol. 2 [Body & Soul] 2002 - The Complete - Vol. 3 [Body & Soul] 2002 - The Complete - Vol. 4 [Body & Soul] 2002 - The Real Folk Blues/More Real Folk Blues 2002 - Timeless Collection 2003 - Blues Kingpins 2003 - Final Recordings - Vol. 1 : Face to Face 2003 - The Collection 1948-52 2004 - Don't Look Back: Complete Blues 2004 - The Complete - Vol. 5 : [Body & Soul] 2005 - The Complete - Vol. 6 : [Body & Soul] 2006 - John Lee Hooker (Specialty Profiles) 2006 - Too much boogie (Blue label)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Nados no século XX Categoría:Finados en 2001 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do blues