Madeleine Gilard, nada o 6 de decembro de 1906 na Coruña e finada en París o 12 de xaneiro de 2002 foi unha novelista, tradutora e adaptadora de libros infantís e xuvenís. Foi a directoria literaria da editorial Éditions La Farandole de 1955 a 1980.
Traxectoria Filla dun comercial de viños e licores dentro dunha familia protestante do suroeste de Francia , Madeleine Gilard naceu e medrou en España. Nunha das súas novelas, Camille, publicada en 1983, evoca a súa cidade natalMadeleine Gilard, Camille : de la main de Camille, printemps 1830, La Farandole, 1983 tirando probablemente das súas lembranzas. O seu coñecemento do castelán permitiulle numerosas traducións. Estudara na casa, polo que non tiña ningún certificado de estudos á súa chegada a Francia coa súa familia, a principios dos anos vinte. Foi entón cando aprendeu estenodactilografía e converteuse en secretaria. Ocupou varios postos de traballo como xornalista e traductora nunha axencia de prensa ata a Segunda guerra mundial. Ademais de castelán tamén falaba inglés.
En 1946 publicou a súa primeira novela. Ao comezo dos anos cincuenta traballa de traductora no Movemento mundial pola paz en Praga. É sen dúbida a raíz desta filiación, coa que ela inclúe o ruso na súa carta de linguas de tradución, que ela foi nomeada en xullo de 1955 directora literaria dunha editoraMarie-Cécile Bouju, Lire en communiste. Les maisons d'éditions du Parti communiste français 1920-1968, Presses universitaires de Rennes, 2010, p. 247 e seguintes. que viña de ser creada na órbita do Partido Comunista Francés: edicións La Farandole. A directora administrativa era Paulette MichelPaulette Michel (1909-2002) asumiu a dirección de 1955 à 1975. Ver referencia en Le Maitron, escrita por M-C. Bouju , esposa dun home con influencia dentro das redes do comunismo internacional, Jean Jérôme. O nicho de mercado de Éditions La Farandole era a literatura infantil e xuvenil, abandonada polo PCF dende finais dos anos trintaJean-Numa Ducange, Julien Hage, Jean-Yves Mollier, Le Parti communiste français et le livre. Écrire et diffuser le politique en France au XXe siècle (1920-1992), Éditions universitaires de Dijon, 2014..
Que dúas mulleres dirixisen unha casa editorial nos anos 1950-1960 valeulles unha mención no Dictionnaire universel des créatrices : "Moi poucas mulleres ocupan os postos de dirección no mundo editorial. Paulette Michel e Madeleine Girad, que dan vida as Éditions La Farandole representan un caso illado" Dictionnaire universel des créatrices, 2013, consultado via Books.google.fr o 31 de outubro de 2017. Madeleine Gilard ten unha entrada (non consultada) .
Ata 1980 Gilard tivo un posto esencial nesta pequena estrutura editorial de La Farandole, era recoñecida na profesión e mesmo publicaba as súas obras nesta editora; colaboraba tamén nunha morea de obras para todas as franxas de idade dende a infancia ata a adolescencia. Tras a súa xubilación na editorial, aínda publicou varios libros, conseguindo en 1983 o Gran premio de literatura infantil da vila de París polo conxunto da súa obra, que lle foi entregado por Jacques Chirac.M-C. Bouju, "Madeleine Gilard", xa citada.
Obras En Éditions La Farandole Victoire sur Arcadius, (colección Mille épisodes, 1956 , ilustrado por Madeleine Gilard) Marinette et l'éléphant, (colección Mille épisodes, 1957, ilustrado por Luc Hardy) Le voyage de Pibale, (colección Mille images, 1958, ilustrado por Enrique Soto) Christine et François, (colección Mille images, 1961, ilustrado por May Angeli) Le Kalevala, adaptación de Madeleine Gilard (colección Mille épisodes, 1961, ilustrado por Jacques Bourbon) Le Paravent aux images, (colección Mille épisodes,1962, ilustrado por May Angeli) Colorin Coloré (contes d'Espagne),(colección Jour de fête, 1963, ilustrado por Mireille Miailhe) Grison et Nicolas (adaptación, traducido do polaco por Halina Pietrusienicz, coección Mille couleurs, 1965, ilustrado por Z. Rychlicki) Bernardo del Carpio, traducido do castelán por Madeleine Gilard, (colección Mille épisodes, 1965) Le Bouton rouge, (colección Mille images, 1967, ilustrado por Bernadette Després) Anne et le mini-club, (colección Mille épisodes, 1968, ilustrado por Bernadette Després) Contes et images d'autrefois, (colección Grand gala, 1968 con Rolande Causse) Marco Polo, Le Livre des merveilles, (colección Grand gala, 1970 con Rolande Causse) La Ville de neige, (colección Mille couleurs, 1970, ilustrado por Maria Mackiewicz) Les perruches qui parlent (contos taxicos traducidos e adaptados do ruso por Paulette Michel et Madeleine Gilard; colección Grand gala, 1971) La Jeune fille au manchon (en France en 1763 sous Louis XV), (Colección Prélude, 1972) Ali et son copain, (colección Mille images, 1974, ilustrado por Jean Garonnaire) Jouets, feutrines et chiffons (de Tyler Mabs, adaptado do inglés por Madeleine Gilard, 1974) Le Chemin secret de la Borie verte, (colección LF roman, 1975) La Maison des marmottes, (colección LF 8,9,10; 1976, ilustrado por Anne Thiollier) Sortilège maya, (con Chloé Vulliamy, 1977) Pierre, la rivière et la nuit, (colección Mille épisodes, 1979, ilustrado por Silvia Maddoni) Bruno chez les chats, (colección LF 8,9,10; 1980, ilustrado por Jacqueline Mathieu) Camille : de la main de Camille, printemps 1830, (colección LF roman, 1983) Drôle d'héritage, (colección LF 8,9,10, 1987, ilustrado por Manuel Gracia) Le Coup de balai de la sorcière, (de Joma, adaptación dende o castelán, colección Mille images, 1990) Jeannot chez les dingos, (de Jané Jordi e Joma, daptación dende o castelán, colección Mille images, 1991.)
Traducións en Éditions La Farandole L'oignon obstiné, de N. Dilaktorskaïa, traducido do ruso con Marie Calschi, colección Mille épisodes,1957. La Terre de Sannikov, de Vladimir Obroutchev, traducido do ruso con Marie Calschi, colección Prélude, 1957 Allan Montagu, de Upton Sinclair, colección Prélude, 1962 Le Passager clandestin, de Ana María Matute, traducido do castelán, colección Mille épisodes,, 1973 Mary de la vallée haute, de Vera e Bill Cleaver, colección Prélude. 1974 Sur le bout des doigts, de Marjorie P. Katz, traducido do inglés, colección Mille idées, 1976 Où vas-tu Martin, de Joyce Rathborne, traducido do inglés, colección Mille épisodes, 1980 Pourquoi le moustique bourdonne à nos oreilles, de Verna Aardema, colección Feu follet, 1981 Le Pays de l'ardoise, de Ana María Matute, traducido do castelán, colección LF 8, 9, 10; 1982 Les idées folles d'Anastasia, de Lois Lowry, colección LF roman, 1983
Outras publicacións Les Enfants Escoudeyran, éditions Confluences, 1946 Le Bonhomme de pain d'épices, éditions du Sorbier, 1983, (ilustrado por Jack Kent) Boucle d'or et les trois ours, éditions du Sorbier, 1983, (ilustrado por Jack Kent) Drôles de jumelles, éditions du Sorbier, 1984, (ilustrado por Sylvie Chrétien) Ascenseur interdit, éditions du Sorbier, 1986, (ilustrado por Sylvie Chrétien) Les plus belles légendes de sorcières, (obra en colaboración), éditions Père Castor-Flammarion, 1999 Pas de bataille pour un rosier, de Josep Albanell, traducido do castelán, éditions du Sorbier, 1991 A la poursuite du monstre, de Patrick Benson, traducido do inglés, éditions du Sorbier, 1995 Un Château en Dordogne, de Jeremy Josephs, traducido do inglés, éditions Ramsay, 1997 Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Madeleine Gilard,na Biblioteca Nacional de Francia Pasamento de Madeleine Gilard
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1906 Categoría:Editores Categoría:Tradutores de Francia Categoría:Novelistas de Francia Categoría:Escritores de Galicia en lingua francesa Categoría:Galegos de Francia Categoría:Escritores de literatura infantil de Francia Categoría:Finados en 2002 Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes