María Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, nada en Ourense o 18 de febreiro de 1859 e finada en Ourense o 4 de febreiro de 1957, foi un membro da burguesía ourensá da época, máis coñecida por ser a nai de Ramón Otero Pedrayo.

Traxectoria Nada en Ourense, foi bautizada como Eladia Ramona na igrexa de Santa Eufemia do Centro o 19 de febreiro de 1859. Era filla do avogado ourensán Ramón Mª Pedrayo Silva, que tivo o seu bufete nun dos edificios da Praza Maior de Ourense, foi decano da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, presidente do Casino de Ourense e mesmo chegou a ser alcalde da cidade en 1860. A súa nai, Antonia Ansoar, morreu con 38 anos, deixando orfa de mai a Eladia cando esta non tiña seis anos, no ano 1864. Eladia tivo tres irmáns: Ricardo, Nieves e Lucila.

Casou con Enrique Otero Sotelo en 1883. Segundo afirma Ramón Otero Pedrayo a parella tivera un fillo anterior a el mesmo, pero este morrera ao pouco de nacer.Documento inédito, Fondo Otero Pedrayo, Fundación Penzol, Vigo citado en Enviuvou o 28 de maio de 1904. Logo da morte do seu esposo fíxose cargo do goberno da casa e rendas da familia en Trasalba.

Faleceu cando lle faltaba pouco para cumprir os 98 anos, o 4 de febreiro de 1957. A súa saúde empeorara logo dunha caída no xardín de Trasalba tras a que tivo que ser hospitalizada. Foi soterrada no Cemiterio de San Francisco de Ourense coa presenza de numerosas personalidades vindas de diferentes puntos de Galicia. Tamén se estableceu a suspensión das aulas no Instituto de Ourense en sinal de loito.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Fundación Otero Pedrayo Ligazóns externas

Galería de fotos en Europeana Documentos do arquivo da Fundación Penzol sobre Otero Pedrayo

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1859 Categoría:Ramón Otero Pedrayo Categoría:Finados en 1957