O Castro de Nogueirosa, Couto de Nogueirosa ou Os Castros é un poboado fortificado situado no lugar do Castro, na parroquia de Nogueirosa (Pontedeume).

Características

Nunha elevación do terreo, está formado por un recinto con socalcos que se asenta sobre un segundo recinto rodeado por un sistema defensivo que se conserva nalgúns tramos. Presenta diferentes alteracións. Ten forma elíptica con orientación N-S. Mide de norte a sur uns 150 metros e de leste a oeste uns 100 metros.

Véxase tamén

Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Nogueirosa