Ida Minerva Tarbell, nada en Hatch Hollow (Pensilvania) o 5 de novembro de 1857 e finada en Bridgeport (Connecticut) o 6 de xaneiro de 1944 foi unha escritora, xornalista de investigación, biógrafa e conferenciante estadounidense. Foi unha das líderes do sensacionalismo da era progresista de finais do século XIX e principios do XX.
Traxectoria Nada en Pensilvania no comezo do boom do petróleo, Tarbell é especialmente coñecida polo seu libro de 1904 The History of the Standard Oil Company. Os libros foron publicados como unha serie de artigos en McClure's Magazine entre 1902 e 1904. Esta obra mestra do xornalismo de investigación provocou a disolución da Standard Oil como monopolio e deu lugar á Clayton Antitrust Act. O libro tamén impulsou a Hepburn Act en 1906 para supervisar os ferrocarrís, a Mann-Elkins Act (1910) que deu á Interstate Commerce Commission poder sobre as tarifas do ferrocarril e a creación da Federal Trade Commission (FTC) en 1914.
Tarbell tamén escribiu biografías durante a súa carreira de sesenta e catro anos. Escribiu sobre Madame Roland e Napoleón Bonaparte. Cría que "a Verdade e os motivos dos seres humanos poderosos podería descubrirse. Esta Verdade, convenceuse Tarbell, podería expresarse de xeito que precipitase cambios sociais significativos". Escribiu numerosos libres e obras sobre Abraham Lincoln incluíndo algunhas que se centraban nos seus primeiros anos e na súa carreira. Tralo seu traballo sobre a Standard Oil, escribiu biografías sobre os homes de negocios Elbert H. Gary, director de U.S. Steel, e de Owen D. Young, presidente de General Electric.
Escritora e conferenciante prolífica, Tarbell foi célebre por investigar temas complexos: a industria do petróleo, os aranceis, as prácticas laborais, e levalos a artigos informativos e doados de entender. Estes artigos foron publicado en McClure’s Magazine e The American Magazine e moitos dos seus libros foron populares entre o público estadounidense. Tras unha carreira de éxito como escritora e editora para McClure’s Magazine, comprou e editou The American Magazine.Tarbell tamén viaxou polos corenta e oito estados formando parte do circuíto de conferencias e como voceira de temas como as maldades da guerra, a paz mundial, a política estadounidense, os trusts ou a muller.
Tarbell formou parte de organizacións profesionais e serviu en dous comités presidenciais. Durante a primeira guerra mundial serviu no Comité de Mulleres do presidente Woodrow Wilson e trala guerra na conferencia sobre desemprego de 1921 do presidente Warren G. Harding. Axudou tamén a crear a Authors’ League e foi presidenta do Pen and Brush Club durante trinta anos.
Tarbell, que nunca casou, foi feminista polas súas accións, mais mantivo puntos de vista sobre o sufraxio feminino que crearon controversia e poden apanar o seu legado.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brady, Kathleen. Ida Tarbell: Portrait of a Muckraker (2004) Goodwin, Doris Kearns. "The Bully Pulpit: Theodore Roosevelt, William Howard Taft, and the Golden Age of Journalism." Nova York: Simon & Schuster, 2013. Kochersberger Jr., Robert C., ed. More Than a Muckraker: Ida Minerva Tarbell's Lifetime in Journalism, The University of Tennessee Press, 1995 – recompilación de artigos Limerick, Patricia, and Brian Black. (27 de febreiro de 2002). "Country forgets an old Big Oil lesson, and Enron results", USA TODAY, p. A.13. McCully, Emily Arnold. Ida M. Tarbell The Woman Who Challenged Big Business and Won. Nova York: Clarion Books, 2014. Randolph, Josephine D. "A Notable Pennsylvanian: Ida Minerva Tarbell, 1857-1944," Pennsylvania History (1999) 66#2 pp 215–241, breve biografía Serrin, Judith and William. Muckraking! The Journalism that Changed America, Nova York: The New York Press, 2002. Somervill, Barbara A. Ida Tarbell: Pioneer Investigative Reporter Greensboro, nc : M. Reynolds., 2002 Weinberg, Steve Taking on the Trust: The Epic Battle of Ida Tarbell and John D. Rockefeller (2008)
Ligazóns externas Works by Ida Tarbell at Open Library New York Times Obituary Harvard University Library Open Collections Program. Women Working, 1870–1930, Ida Tarbell (1857–1944) The Ida Tarbell Home Page
Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Erie, Pensilvania Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1944