A Real Academia Nacional de Farmacia (RANF) de España ten a súa orixe en 1737, ano no que nunha real cédula de Filipe V aprobou os estatutos do "Real Colegio de Profesores Boticarios" de Madrid.
Historia Con data 6 de xaneiro de 1932, o Goberno aceptou o cambio de denominación do Real Colegio de Farmacéuticos polo de Academia Nacional de Farmacia. Esta transformación logrouse despois de 343 anos de vida ininterrompida ao servizo da ciencia, e non alterou, substancialmente, o seu réxime organizativo.
O 15 de xuño de 1936 refíxose a estrutura da Academia, nomeando académicos delegados e intensificándose as súas colaboracións co estranxeiro. Así mesmo, ampliouse o seu campo de acción ao dar entrada no seu seo a doutores en ciencias afíns á Farmacia.
O 9 de agosto de 1946 a Real Academia de Farmacia incorporose ao Instituto de España, conservando o espírito da súa fundación: cultivo e adiantamento da farmacia, química, botánica e historia natural. Así se sinalaba no seu novo Estatuto, de 7 de febreiro de 1947: «a investigación e estudo das Ciencias Farmacéuticas e as súas afíns, o fomento do seu cultivo e o asesoramento, cando eles o soliciten, aos organismos oficiais».
Unha vez rematadas as obras de reforma e adaptación do antigo edificio do Real Colexio e posterior Facultade de Farmacia, situado na madrileña rúa de la Farmacia, trasladouse ao mesmo a Real Academia, inaugurándose solemnemente a súa sede actual o 25 de outubro de 1967.
Nos estatutos de 1989 e no seu regulamento de réxime interior de 1990 normalizouse e ampliouse o número de académicos, quedando constituída por 50 académicos numerarios, dos que 38 serían farmacéuticos, e 12 de ciencias afíns. Os académicos correspondentes —nacionais e estranxeiros— serían 173, deles 22 delegados en provincias e 24 en nacións de América e Europa. Creouse, igualmente, a categoría de académicos supernumerarios.
A Real Academia Nacional de Farmacia denomínase, desde 2002, Real Academia Nacional de Farmacia. O seu lema, medicamenta non mella ("os medicamentos non son mel"), é unha frase atribuída a Plinio o vello.
Edificio O edificio da Real Academia Nacional de Farmacia, situado na denominada antigamente rúa de San Juan e, desde 1835, rúa de la Farmacia, foi deseñado polo arquitecto Pedro de Zengotita Vengoa en 1830. De estilo neoclásico, posteriormente se lle engadiu o frontón triangular sobre a cornixa central e a segunda porta de acceso. En 1997 foi declarado Monumento Ben de Interese Cultural.Gea Ortigas M. I. (2041): Diccionario breve de Madrid. Madrid: Ediciones La Librería. ISBN 978-84-9873-261-0.Gómez M. (04-11-2010): "Real Academia de Farmacia". Arte en Madrid.
Desde 1994 o edificio alberga tamén o "Museo de la Real Academia Nacional de Farmacia", cuxa existencia data do século XIX. Así mesmo, neste inmoble encóntrase a Biblioteca da institución académica.
Directores e presidentes Toribio Zúñiga Sánchez-Cerrudo, Presidente (1929-1934) José Casares Gil, Director (1935-xullo de 1957) José Ranedo Sánchez-Bravo, Director (xullo de 1957-1958) Ricardo Montequi Díaz de Plaza, Director (1959-1976) Ángel Santos Ruiz, Director (1977-1991) Rafael Cadórniga Carro, Director (1992-1997) Julio Rodríguez Villanueva, Director (1998-decembro 2000) Juan Manuel Reol Tejada, Director (decembro 2000-maio 2002), Presidente (maio 2002-19 de xaneiro de 2007) María Teresa Miras Portugal, Presidenta (19 de xaneiro de 2007 - 2013) Mariano Esteban Rodríguez, Presidente (19 de xaneiro de 2013 - 2019) Antonio Luis Doadrio Villarejo, Presidente (19 de xaneiro de 2019 - )
Académicos # Nome Data deingreso1 Juan Ramón Lacadena Calero 14/12/19952 Juan Tamargo Menéndez 20/11/19973 Mercedes Salaíces Sánchez 01/06/20174 Antonio Isacio González Bueno 28/01/20215 Tomás Girbés Juan 29/04/20216 vacante -7 Antonio Rodríguez Artalejo 14/11/20198 Francisco Javier Puerto Sarmiento 26/02/20099 Albino García Sacristán 24/10/200210 vacante -11 Lina Badimon Maestro 22/02/202412 María Ángeles Moro Sánchez 10/10/202413 Antonio Jesús Salinas Sánchez 07/03/202414 Santiago Mas Coma 30/06/202215 José Carlos Menéndez Ramos 11/10/201816 José Luis Pedraz Muñoz 13/06/202417 Benito del Castillo García 09/05/199618 vacante -19 vacante -20 Juan Abelló Gallo 03/10/200221 Bartolomé Ribas Ozonas 05/04/199022 Fidel Ortega Ortiz de Apodaca 11/05/200623 Rosa Basante Pol 27/04/201124 María Molina Martín 21/10/202125 Daniel Pablo de la Cruz Sánchez Mata 09/12/202126 María José Alonso 17/06/201027 José Miguel Ortiz Melón 24/01/200828 María Blasco Marhuenda 12/12/202429 José María Medina Jiménez 20/10/201130 vacante -31 Yolanda Barcina 16/02/201732 Alfonso Domínguez-Gil Hurlé 22/04/199933 Mariano Esteban Rodríguez 26/01/200634 José Martínez Lanao 11/11/202135 María del Pilar Gómez Serranillos 29/09/202036 Vicente Larraga Rodríguez de Vera 13/10/202237 Agustín García Asuero 02/03/202338 José Antonio Cabezas Fernández del Campo 26/04/199039 María Concepción Gil García -40 vacante -41 José Alfredo Martínez Hernández 29/06/202342 María Vallet Regí 27/10/201143 vacante -44 Ascensión Marcos Sánchez 24/11/202245 Antonio Ramón Martínez Fernández 17/11/199246 Ángel María Villar del Fresno 28/10/199947 María del Carmen Avendaño López 06/04/200048 Carmen Álvarez Lorenzo -49 vacante -50 Antonio Luis Doadrio Villarejo 15/11/2001
Notas
Véxase tamén
Ootros artigos Instituto de España Real Academia Galega de Farmacia Farmacia
Ligazóns externas Sitio oficial da Real Academia de Farmacia
Categoría:Museos de Madrid Categoría:Sociedades científicas