Aleixo IV de Trebisonda (en grego: Αλέξιος Δ΄ Μέγας Κομνηνός, trans. Aléksios IV Mégas Komnēnós), nado en Trebisonda o 19 de xaneiro de 1382 e finado en Achanti do Ponto en outubro de 1429, foi emperador de Trebisonda desde o 5 de marzo de 1417 até outubro de 1429.
Traxectoria Foi o fillo do emperador Manuel III Comneno e Gulkhan de Xeorxia. En 1396 Aleixo IV foi coemperador e asumiu o poder único en 1417. En 1429 foi asasinado por membros da aristocracia local durante a rebelión do seu fillo Xoán, o futuro Xoán IV.
Véxase tamén
Bibliografía
W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926. Ligazóns externas Artigo sobre Aleixo IV de Trebisonda na Εγκυκλοπαίδεια ΜΕΙΖΟΝΟΣ ΕΛΛΗΝΙΣΜΟΥ.
Categoría:Emperadores de Trebisonda Categoría:Finados en 1429 Categoría:Nados en 1382 Categoría:Nados na provincia de Trebisonda