Rodrigo de Mandiá Parga, nado en Ferrol en 1607 e finado en Astorga o 20 de outubro de 1674, foi un xurista e relixioso galego.

Traxectoria

Fillo de Diego Yaces de Mandiá e de Isabel Fernández de Leizo y Doca, membros acomodados da pequena nobreza ferrolá, estudou no Colexio Maior San Clemente da Universidade de Santiago de Compostela e no Colexio Maior de Cuenca da Universidade de Salamanca.

Logo de ser ordenado sacerdote cara a 1643, foi provisor en Mondoñedo, Osma, Sigüenza, Cuenca e Xaén, cóengo e chantre de Santiago de Compostela, bispo titular de Siria desde 1652 e vigairo en Madrid polo arcebispo de Toledo Baltasar Moscoso Sandoval, chanceler e mestrescola na Universidade de Salamanca, bispo de Almería desde 1663 e de Astorga desde 1672.López Martín, J. (1999): La Iglesia en Almería y sus obispos, tomo I, pp. 457-478.Flórez, E. (1747): España sagrada.Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVI, p. 303.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Bispos da diocese de Almería Categoría:Bispos da diocese de Astorga Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1607 Categoría:Finados en 1674 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos