Ivan Bella foi o primeiro cosmonauta eslovaco. Participou na misión Soiuz TM-29, volvendo na Soiuz TM-28, pasando un total de 7,91 días no espazo.
Bella naceu o 25 de maio de 1964 en Brezno (Eslovaquia). Graduouse na escola militar en 1983 e na Academia Militar de Kosice en 1987. Ten o grao de coronel do Exército da República Eslovaca. Adestrouse como cosmonauta no Centro de Adestramento Cosmonauta Gagarin entre marzo e agosto de 1998.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM-28 Soiuz TM-29
Categoría:Astronautas de Eslovaquia Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Eslovaquia