O pilro de Maur (Calidris mauri), ou tamén pilriño de Maur, é unha pequena ave limícola do xénero Calidris. Esta é unha das especies limícolas máis abundantes en América do Norte, cunha poboación de millóns. O nome específico mauri fai referencia ao botánico italiano Ernesto Mauri (1791–1836).James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books. Foi clasificado tamén nos xéneros Erolia e Ereunetes.

Descrición Os adultos teñen as patas escuras e bico curto, fino e escuro, máis fino e algo curvado na punta (no pilro semipalmado o bico é máis curto e máis recto). O corpo é castaño por arriba e branco por debaixo, con raias finas no peito. A cabeza é de cor parda avermellada na parte supeior. Esta ave pode ser difícil de distinguir doutras pequenas limícolas similares, especialmente do pilro semipalmado, sobre todo cando ambas as especies teñen a plumaxe de inverno, e son de cor gris. O C. mauri muda á plumaxe de inverno moito máis cedo no outono que o pilro semipalmado.

Distribución O seu hábitat reprodutor é a tundra de Siberia oriental e de Alasca. Migran cara a ambas as costas atlánticas e pacíficas de América do Norte e do Sur. É unha especie errante moi rara en Europa.

Alimentación Estas aves aliméntanse nas chairas de lama en lagoas, estuarios e costas mariñas durante a migración e nas estacións non reprodutoras, sondando co bico ou utilizando a vista. Comen xeralmente invertebrados mariños. Durante a estación de cría aliméntanse na tundra e nas pradeiras húmidas. Comen principalmente insectos, pequenos crustáceos e moluscos.

Reprodución Aniñan no chan, usualmente baixo algunha vexetación. O macho escava varias depresións e a femia selecciona unha e pon alí catro ovos. Ambos os pais incuban os ovos e coidan as crías mentres son dependentes, as cales se alimentan soas. Ás veces, a femia abandona a súa parella e os pitos antes de que estes estean listos para o voo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Jonsson, Lars e Peter J. Grant (1984). Identification of stints and peeps British Birds. 77(7):293-315. Garrido, O.H.; Kirkconnell, A. (2000). Birds of Cuba. Helm Field Guides, Londres. 253 pp. Centro Nacional de Biodiversidad (CeNBio), Cuba 2008. Diversidad Biológica Cubana - Clase Aves. Sociedad Ornitológica Puertorriqueña Inc. (SOPI), 2007. (Catálogo de las aves de Puerto Rico). Sociedad Ornitológica de la Hispaniola (SOH), 2008. Lista de Aves de la Hispaniola - Versión 1.4.

Ligazóns externas Páxina canadense sobre medio ambiente (en inglés). Artigo para a identificación que cobre esta especie e outras Calidris pequenas (en inglés). Descrición de Calidris mauri - Cornell Lab of Ornithology (en inglés). Calidris mauri - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter (en inglés).

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1857