Yashmina Shawki, nada en Vigo en 1967, é unha historiadora, xornalista, conferencianteEl 'despertar árabe', contado por Yashmina Shawki en Atlántico Diario e escritora galega especializada en Oriente Próximo, e en concreto no pobo kurdo.
Traxectoria Primeiros tempos Nada en Vigo, é filla de nai galega e pai iraquí, e viviu os seus primeiros anos en Bagdad (Iraq), volvendo a Vigo para a súa escolarización. Con catorce anos regresou a Bagdad a cursar a educación secundaria,Ficha en Biblioteca Virtual Wikia. se ben volveu a Vigo por mor da inseguridade do país.
Formación académica É licenciada en Dereito (1992) e en Historia Contemporánea (1993) pola Universidade de Santiago de Compostela. Yashmina Shawki Aziz Ficha na páxina no Grupo de historia agraria e política do mundo rural da USC.
Xornalismo Comezou a súa actividade como xornalista e como articulista de opinión en El Correo Gallego en 1996, pasando a Atlántico Diario en 1998, e a La Voz de Galicia en 2001.[https://www.lavozdegalicia.es/firmas/yashmina-shawki Biografía en La Voz de Galicia].
Colabora en Radio Voz desde 2004, desde 2010 no programa Despierta Galicia. Participa regularmente no programa Galicia por diante de Radio Galega, así como na TVG en programas como Foro Aberto, A Chave, ou Volver ao Rego.
Obra Conta con obra tanto en castelán como en galego.Referencias en todostuslibros.com.
Novelas Baghdad, a un paso del infierno. (2017, Terra Ignota Ediciones) Fundación libélula. (2011, Edicións Xerais de Galicia) Kurdos, destino libertad. (2007, Ineditor).
Ensaio El despertar árabe, ¿sueño o pesadilla? (2013, USC Editora) ISBN 978-84-1587-607-6. "Armenios e curdos fronte ao novo imperio otomán" en O Mundo en Galego. Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), p. 56 .
Contos Contos ao carón da lareira. (2007, Nova Galicia Edicións).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Artigos da autora en La Voz de Galicia. Yashmina María Shawki–Aziz Gómez en Referentes galegas , .
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes