miniatura|287x287px|Divisións administrativas da Unión Soviética no ano 1989. O Soviet das Nacionalidades (en ruso: Совет Национальностей) era unha das dúas cámaras do Soviet Supremo da Unión Soviética, creado pola Constitución da Unión Soviética de 1936. Funcionou entre os anos 1938 e 1991. A diferenza do Sóviet da Unión, o Sóviet das Nacionalidades estaba composto polas distintas nacionalidades (repúblicas) da Unión Soviética.

O Sóviet das Nacionalidades gozou dos mesmos dereitos que o Sóviet da Unión, tanto na área das iniciativas lexislativas, coma na resolución doutras cuestións. Tiña autonomía para elixir o seu presidente, que dirixía as sesións da cámara, así coma aos seus catro vicepresidentes e ás comisións permanentes.

Composición e forma de elección O Soviet das Nacionalidades estaba composto por 625 deputados, e os seus membros eran elixidos de forma universal, igualitaria, directa e secreta, de acordo cos principios da democracia socialista. Coa regra de igualdade de representación das diferentes nacionalidades soviéticas, o soviet estaba formado pola mesma cantidade de representantes de cada unha das Repúblicas da Unión Soviética:

32 deputados por cada república (sen contar outras unidades autónomas que podían estar dentro da república, que enviaban membros de forma separada) 11 deputados por cada república autónoma 5 deputados por cada óblast autónomo 1 deputado por cada distrito nacional

Presidentes do Soviet das Nacionalidades NomePeríodoNikolái Shvérnik1938 - 1946Vasili Kuznetsov1946 - 1950Zhumabay Shayakhmetov1950 - 1954Vilis Lācis1954 - 1958Janis Peive1958 - 1966Justas Paleckis1966 - 1970Yadgar Sadikovna Nasriddinova1970 - 1974Vitalijs Rubenis1974 - 1984August Voss1984 - 1989Rafiq Nishonov1989 - 1991

Véxase tamén

Soviet Supremo da Unión Soviética Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética

Categoría:Política da Unión Soviética