Manuel Posse Rodríguez, nado en Vilariño (Val do Dubra) en 1892 e finado en Sar (Santiago de Compostela) o 9 de xaneiro de 1968, foi un cura párroco e escritor galego en lingua galega.
Traxectoria miniatura|Paisaxes. Versos galegos, 1925. Rematou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela en 1916 e foi titular, entre outras parroquias, de Santa María do Sar (dende 1940).
Foi membro correspondente da Real Academia Galega.Real Academia Galega. Membros correspondentes
Obra Paisaxes. Versos galegos, Santiago de Compostela, El Eco Franciscano, 1925.Con portada de Camilo Díaz Baliño e introito de Juan Barcia Caballero. Adaptación teatral de !Inda non quero ser mico!,Un gracioso diálogo entre un labrego e un mozo estudado que se esforza, inutilmente, en convencer ao paisano de que o home non tivo como primeiro pai a Adán, senón un simio. de F. Ignacio Blanco Freire.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Val do Dubra Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia