Karol Joseph 'Bo' Bobko, nado no condado de Queens, Nova York, o 23 de decembro de 1937 e finado o 17 de agosto de 2023, foi un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-6, STS-51-D, e STS-51-J como piloto, tendo permanecido un total de 16,09 días no espazo.

Traxectoria Bobko naceu nunha familia de orixe lituano-polaca. Gradouse en Ciencias pola Academia da Forza Aérea en 1959 e ten un máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade do Sur de California obtido en 1970.

Converteuse en astronauta da NASA en setembro de 1969, participando no SMEAT (Skylab Medical Experiments Altitude Test), unha simulación de 56 días en terra duna misión á estación espacial Skylab. Bobko tamén formou parte da tripulación de apoio da misión Apollo-Soiuz. Dentro da preparación do primeiro voo do Transbordador espacial Columbia, a misión STS-1, Bobko foi o astronauta principal do grupo de proba e verificación no Centro Espacial Kennedy.

Notas

Véxase tamén Outros artigos STS-6 STS-51-D STS-51-J

Ligazóns externas

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2023