Eric Allen Boe, nado o 1 de outubro de 1964 en Miami (Florida), é un astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-126 e STS-133 como piloto. Pasou un total de 28,65 días no espazo. Traxectoria Gradouse en enxeñería astronáutica na Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1987 e obtivo un máster en enxeñería eléctrica polo Instituto de Tecnoloxía de Georgia en 1997. Converteuse en astronauta da NASA en xullo de 2000. Véxase tamén Outros artigos STS-126. STS-133. Ligazóns externas
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Miami, Florida Categoría:Nados en 1964