El espíritu de la colmena é un filme español de 1973 dirixido por Víctor Erice.

Está ambientado en terras castelás nada máis rematada a Guerra Civil. Rodado na vila segoviano de Hoyuelos, onde se proxecta a película Frankenstein.

Argumento Nun pequeno lugar de Castela, en plena posguerra a mediados dos anos corenta, Isabel (Isabel Tellería) e Ana (Ana Torrent), dúas irmás de oito e seis anos respectivamente, ven un domingo a película Frankenstein. Á pequena a visión do filme cáusalle tal impresión que non deixa de facer preguntas á súa irmá máis vella, que lle asegura que o monstro está vivo e que se oculta cerca da vila.

Elenco

Fernando Fernán Gómez como Fernando Teresa Gimpera como Teresa Ana Torrent como Ana Isabel Tellería como Isabel Ketty de la Cámara como Milagros, a criada Estanis González como Garda civil José Villasante como Monstro de Frankenstein Juan Margallo como O Fuxitivo Laly Soldevila como Dona Lucía, a profesora Miguel Picazo como O Doutor

Comentarios Os actores que interpretan os 4 protagonistas chámanse coma eles na vida real. Segundo contou Erice máis dunha ocasión, isto non é casualidade, senón que é debido a que Ana Torrent, a nena protagonista non entendía por que os actores se chamaban dun xeito e de súpeto, ao comezar a gravar, cambiaban de nome. Este feito motivou que o director decidise cambiarlles os nomes a todos os protagonistas polos seus propios nomes.

O título do filme está sacado dun libro de Maurice Maeterlinck, no que este utliliza a expresión "o espírito da colmea" para describir ese "espírito todopoderoso, enigmático e paradoxal ao que as abellas parecen obedecer, e que a razón dos homes xamais chegou a comprender". O filme foi estreado de novo no ano 2004.

Palmarés cinematográfico

1973 - Festival de Chicago - Hugo de Prata 1973 - Festival Internacional de Cine de San Sebastián - Mellor Película. 1973 - Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos: Medallas á mellor película, mellor director (Víctor Erice), mellor actor (Fernando Fernán Gómez), mellor fotografía (Luís Cuadrado) e mellor música (Luís de Pablo).

Notas

Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes ambientados en 1940 Categoría:Filmes gañadores da Cuncha de Ouro