O pilro de colete (Calidris melanotos) é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.
É unha pequena ave limícola migratoria, que se reproduce en Norteamérica e Asia, e pasa o inverno principalmente en Suramérica. Come pequenos invertebrados. Aniña nunha pequena depresión escavada no chan, onde pon catro ovos, que están alí protexidos das frías brisas dos campos onde se reproduce. Mide uns 21 cm de longo, e ten unha envergadura de 46 cm.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1819 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot.Calidris melanotos (Vieillot, 1819) no GBIF. Consultado o 3 de setembro de 2022.Calidris melanotos (Vieillot, 1819) na BioLib. Consultada o 3 de setembro de 2022.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Calidris.
O epíeto específico, melanotos, está formado pola unión dos elementos mela- e -notos, ambos os dous tirados das voces do grego antigo μέλας mélas, "negro" e νῶτος nōtos, "costas", respectivamente, referíndose ás liñas negras do dorso.James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Calidris maculata (Vieillot, 1819) Erolia melanotos (Vieillot, 1819) Heteropygia melanotos (Vieillot, 1819) Tringa maculata Vieillot, 1819 Tringa melanotos Boneparte Tringa melanotos Vieillot, 1819 (protónimo)
Nota taxonómica O pilro de colete adoita clasificarse no xénero Calidris, pero é ás veces separado, xunto con outros pilros de pequeno tamaño, no xénero Erolia.Erolia Vieillot, 1816 no GBIF.Este pode ser ou non un bo grupo monofilético, dependendo de como situemos o filoxeneticamente enigmático pilro ferruxento (Calidris ferruginea), que é a especie tipo de Erolia. En calquera caso, o nome de xénero Ereunetes (antes usado para o Calidris mauri e o Calidirs pusilla, que serían tamén membros deste clado separado) estaba establecido antes de Erolia e ten precedencia.
O pilro de Cox (Calidris × paramelanotos) é un híbrido estereotipado entre estas especies e o pilro ferruxento. Isto non proba unha relación especialmente próxima entre estas dúas especies, xa que outros pilros moito máis distantes poden hibridarse tamén. En calquera caso, entre o clado dos pilros pequenos, o Calidris ruficollis e o Calidris subminuta son parentes especialmente próximos do pilro de colete.
Características miniatura|230px|Comparción co tamaño da man dun humano. miniatura|230px|Adulto e plumaxe reprodutora; nótese os bordos nítidos que separan as cores do peito. miniatura|230px|Na Cosumnes River Preserve de California. miniatura|230px|En Nova Jersey.
Ten unha aparencia similar á amplamente simpátrica Calidris acuminata, que non é membro do clado dos pilros pequenos. O pilro de colete é un pilro máis ben longo, de 21 cm, e unha envergadura de 46 cm, cun dorso marrón agrisado, dun marrón máis intenso no macho en verán, e teñen o máximo de cor gris en inverno. O pilro de colete ten un peito gris, nitidamente demarcado no seu bordo inferior, que lle dá a esta especie o seu nome; esta clara liña divisoria é especialmente conspicua se as aves se volven cara ao observador. As patas son amareladas e o bico é oliváceo cunha punta escura.
Os xuvenís teñen un padrón de cores máis vistoso na parte superior, con cores avermelladas e liñas brancas.
Esta especie difire do Calidris acuminata no seu debuxo do peito, un supercilio máis feble e a parte superior da cabeza máis gris.
Medidas estándar Lonxitude 200–240 mm Peso 73 g Envergadura 460 mm Á 136-142,8 mm Cola 60,4-63,9 mm Culmen 28,7-29,3 mm Tarso 27,8–30 mm
Distribución e ecoloxía É unha ave que migra a grandes distancias, e aproximadamente a metade dos individuos da especie reprodúcese na tundra lamacenta do noroeste de Asia, o resto dos individuos aniña desde Alasca ao centro do Canadá. A maioría das aves americanas e asiáticas desta especie pasan o inverno en Suramérica, pero algunhas das que se reproducen en Asia pasan o inverno no sur de Australia e Nova Zelandia. Durante a migración e en inverno, o pilro de colete atópase tipicamente en hábitats de auga doce.
Esta especie tamén aparece como ave migrante regular no oeste de Europe, e pode verse a maioría dos anos en Irlanda ou Gran Bretaña. Aínda que non foi rexistrada como especie que se reproduce en Europa, algúns individuos errantes foron atopados en Escocia en hábitat axeitado para a reprodución durante o verán. En Galicia está rexistrada como especie accidental rara. Moitas destas aves que aparecen en Europa occidental proceden de migracións desde os seus campos de reprodución en Asia viaxando para pasar o inverno no sur de África. Na costa pacífica dos Estados Unidos, tales bandadas migrantes parecen ser máis raras. Os individuos errantes vense ás veces noutros sitios fóra das rutas habituais de migración, por exemplo nas illas Marianas, nas illas Marshall e Palau en Micronesia; con certa maior frecuencia poden encontrarse nas illas Hawai.
A migración do pilro de colete podería verse afectada polo quecemento global, como se sospeita ocorrerá con moitas aves que se reproducen no Ártico: hai 100 anos, os pilros peitorais migrantes observábanse pasar polo norte de Ohio a inicios ou mediados de maio e de novo ao final de agosto; hoxe, o groso da migración ao norte ocorre xa en abril, e a maioría das aves non retornan ata mediados de setembro.
Comen en pradeiras e chairas lamacentas, apañando a comida utilizando a vista, e ás veces sondando co bico. Comen principalmente artrópodos e outros invertebrados. O macho fai unha exhibición de cortexo na que incha o peito, que ten un saco de graxa na estación reprodutora para mellorar a súa exhibición.
Constrúen escarvando un niño que é unha depresión no chan de lados bastante inclinados forrándoo cun volume considerable de material. O niño é o o suficientemente profundo (uns 3 cm de profundidade) para poñer nel os ovos, minimizando a perda de calor causado polas brisas frías que son frecuentes nas latitudes onde aniña. A femia pon catro ovos.
Estado de conservación O pilro de colete decreceu en número nun 50 % desde 1974. Aínda así, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) considera polo momento que a súa situación é "pouco preocupante".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía J. del Hoyo, A. Elliott & J. Sargatal (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. BirdLife International, Cambridge, Reino Unido e Lynx Edicions, Barcelona. España. ISBN 978-8487-334-20-7.
Ligazóns externas
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1819