O Sistema de monitorización do condutor é un algoritmo de visión por computador, forma parte da familia de algoritmos da tecnoloxía ADAS. Nos vehículos modernos equipados con sensores pasivos como a cámara e activos como as cámaras TOF é posíbel detectar e identificar o condutor do vehículo e o seu nivel de atención durante a condución. O propósito da monitorización consiste en alertar o condutor ante calquera signo de fatiga ou distracción, en especial o cálculo do tempo no que os ollos permanecen pechados, a dirección da mirada e a posición da cabeza. De xeito secundario os Tier 1 propoñen o control de certas funcións dixitais do coche co movemento dos ollos.Sistema de Monitorización do condutor
Descrición
Unha das solucións do algoritmo constitúe o adestramento de redes de aprendizaxe automática como as ANNs, que procesan a información fusionada obtida de diversos indicadores físicos e de aptitude durante a condución.
Estes indicadores obtéñense da observación do condutor por parte de sistemas de visión monoculares. Situados á fronte do condutor, usualmente no cadro de instrumentos e baixo iluminación artificial condicionada, se a opción do sensor non consiste en tecnoloxía infravermella, o obxectivo é obter este rexistro de indicadores de xeito independente á iluminación externa na cabina. Cando a luz é baixa unha cámara pasiva pode activar a iluminación artificial.
A información do sensor combínase coa lida a través do BUS CAN : xiro do volante, hodometría e posición de roda en liña lateral. Estes sinais normalízanse, optimízanse e sincronízanse cos fotogramas da cámara.
A fusión final durante o adestramento das ANNs obtén a vantaxe de que este tipo de redes neuronais non precisan de parametrización previa para xerar un clasificador apto. Os resultados das ANNs producen entre un 55% e un 90% de xuízos correctos sobre a pronta avaliación da fatiga no condutor.
Entre as características definitorias do sistema atópanse :
Identificación e recoñecemento do condutor para poder restaurar os axustes e preferencias asociados a cada perfil automaticamente. Monitorizar a fatiga e alertar ante unha posíbel perda de control do vehículo. Monitorizar a dirección da mirada e alertar cando se tome un excesivo tempo sen atender á vía e isto impida detectar un perigo inmediato. Seleccionar ou aumentar certas áreas do panel de control dixital coa mirada.
Vehículos que inclúen no seu equipamento de serie ou de demostración o algoritmo
Lexus GX 460 Lexus HS 250h Lexus LS 600h Lexus LS 460 Lexus GS 450h F 015 Luxury in Motion Toyota Crown Hybrid 2019 Audi A8
Notas
Véxase tamén Sistemas avanzados de asistencia ao condutor
Categoría:Tecnoloxías do automóbil