Nuala Ní Dhomhnaill, nada en Lancashire en 1952, é unha poeta irlandesa en lingua irlandesa.
Traxectoria Naceu en Inglaterra de pais irlandeses. Cando tiña cinco anos de idade volveu a Irlanda, vivindo cunha súa tía en Cean Trá, dous anos despois seus pais volveron tamén a Irlanda. Criouse pois na península de Dingle, dentro do Gaeltacht, e pasou tamén períodos en Limerick e Aonach Urmhumhan durante a súa xuventude. O sacerdote e escritor Pádraig Ó Fiannachta era seu tío. Estudou irlandés e inglés no University College Cork entre 1969 e 1972. Nesa época formou parte da escola Innti de poetas. Logrou o certificado superior en educación en 1973. Casou co xeólogo turco Dogan Leflef e viviu primeiro nos Países Baixos e dende 1975 en Turquía. Traballou como profesora de inglés na Universidade Técnica do Oriente Medio en Ankara. En 1980 aveciñouse coa súa parella en Dublín.
Poesía En 1981 publicou a súa primeira colección de poesía: An Dealg Droighin (1981). Supuxo a súa entrada en Aosdána. Na súa poesía sobrevive moito do período Innti. A mitoloxía e o folclore, así como as cancións populares son unha fonte para a súa obra, frecuentemente combinada co feminismoBeverly Parayno "Nuala Ní Dhomhnaill" Poetry International Web, 1 de decembro de 2006, a sexualidadeBríona Nic Dhiarmada "The Love Poetry of Nuala Ni Dhomhnaill" in (2008) Patricia Coughlan e Tina O'Toole Irish Literature: Feminist Perspectives Dublín:Carysfort Press, p. 125 e a cultura, ligando xénero e opresión políticaPatricia Boyle Haberstroh (1996) Women Creating Women: Contemporary Irish Women Poets Syracuse University Press, p. 172 e facendo central a conexión entre o corpo feminino e o textoLinda Revie "Nuala Ni Dhomhnaill's 'Parthenogensis'" in Michael Kenneally (1995) Poetry in Contemporary Irish Literature. Colin Smythe, p. 345; mais tamén está moi presente o humor na súa poesía. Tamén a lingua é un tema recorrente, nun dos seus poemas, "Ceist na Teangan" (a cuestión da lingua) explica a súa decisión de escribir só en irlandés"Nuala Ní Dhomhnaill" Poetry Foundation como a voz natural da poeta e pola súa expresividade e concreciónMary O'Connor "Breaking the Rules. Nuala Dí Dhomhnaill's Language Strategies" in John C. Hawley (1996) Cross-Addressing: Resistance Literature and Cultural Borders State Universty of New York Press, p. 70. O seu recoñecemento internacionalNiall O'Gallagher "Siren's call" The Guardian, 15 de decembro de 2007 vénlle da publicación en 1986 dunha edición bilingüe, inglés-irlandas, dunha selección da súa obra lírica. A súa poesía está traducida ao inglés, francés, alemán, polaco, italiano, noruegués, estoniano, bretón e xaponés; en galego algúns dos seus poemas apareceron na escolma de 2003 Pluriversos: seis poetas irlandesas de hoxe mais en Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea de 2016. En 1985 publicou a peza de teatro infantil Jimín, baseadaJimín Playography Ireland na obra de 1919 Jimín Mháire Thaidhg de Pádraig Ó Siochfhradha.
Obra An Dealg Droighin (Cló Mercier, 1981) Féar Suaithinseach (Maigh Nuad, 1984) Jimín (teatro infantil, BÁC, 1985) Rogha Dánta/Selected Poems (Raven Arts, 1986, tradución ao inglés de Michael Hartnett) Feis (Maigh Nuad, 1991) Pharaoh's Daughter (1990, traducido por trece poetas irlandeses) The Astrakhan Cloak (1992, traducido ao inglés por Paul Muldoon) Spíonáin is róiseanna (Cló Iar-Chonnachta, 1993) Cead Aighnis (An Sagart, An Daingean, 1998) The Water Horse: Poems in Irish (Gallery, 1999, tradución ao inglés Medbh McGuckian e Eiléan Ní Chuilleanáin) The Fifty Minute Mermaid: Poems in Irish (Gallery, 2007, traducido ao inglés por Paul Muldoon)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Recital poético de Nuala Ní Dhomhnaill na University of Notre Dame (Luisiana)
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Poetas de Irlanda Categoría:Escritores en lingua irlandesa Categoría:Nados en Lancashire