Alalá é un filme de 1934 rodado en Galicia, dirixido por Adolf Trotz e baseado nunha novela titulada Los nietos de los celtas, de Rafael López de Haro.

Argumento Cando é neno, Jorge Samiera emigra a Buenos Aires xunto ao seu tío Jorge, un home coa súa economía resolta e que non ten descendencia. Quince anos despois regresa a Galicia, para herdar as súas posesións. Entón sente necesidade de coñecer o seu pasado. Unha meiga, Úrsula, dille que é fillo de Teresa, pero advírtelle que non se achegue á poboación de Portomar.

Elenco

Ricardo Núñez María Rod Antoñita Colomé José Baviera Cristina Vélez Manuel Arbó Félix de Pomés Carmen Revilla Francisco Alfonso de Villagómez José María Lado Teresa Molgosa Emilio Vendrell

Comentarios A película foi rodada en Pontevedra, Vigo, Rianxo e Barcelona, realizada por un alemán, con fotografía dun danés e montaxe dun ruso. Non conseguiu demasiado éxito.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán). Ficha do filme en IMDb (en inglés).

Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 1933 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes rodados en Pontevedra Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Vigo