A palleira antártica, tamén chamado papamerda subantártico, Stercorarius antarcticus ou Catharacta antarctica, é unha grande ave mariña da familia dos papamerdas ou palleiras que se alimenta na zona subantártica e antártica e móvese máis ao norte cando non está en época reprodutora. A súa taxonomía é moi complexa e materia de disputa, e hai autores que a dividen en dúas ou tres especies: unha especie das illas Malvinas (S. antarcticus), outra de Tristan da Cunha (S. hamiltoni), e outra subantártica (S. lönnbergi)Así en ITIS, Birdlife International e IUCN. Aínda que o ITIS as inclúe todas en Stercorarius.; pero para outros son subespecies.Así en Zoonomen Para aumentar a confusión hibrídase tanto con Stercorarius maccormicki coma con Stercorarius chilensis, e todo o grupo foi considerado unha subespecie da palleira grande, que é unha especie restrinxida ao hemisferio norte. Ademais, antes estaba clasificada no xénero CatharactaAsí figura en BirdLife International e o IUCN, pero outros defenden que haxa un único xénero na familia, Stercorarius.Así figura en ITIS e Zoonomen
Dieta
Aliméntase de peixes, a miúdo roubados a outras aves (cleptoparasitismo), así como doutras aves, pequenos mamíferos, ovos e prea.
Descrición
Esta é a especie de papamerdas máis pesada, e rivaliza coas gaivotas máis grandes, como o gaivotón (Larus marinus) e gaivota hiperbórea, como a especie máis pesada entre os Charadriiformes, aínda que non é tan grande en lonxitude e envergadura. Ten unha lonxitude de 52 a 64 cm, unha envergadura de 126 a 160 cm e ten unha masa corporal de entre 1,2 e 2,18 kg.HBW 3 - Species accounts: Brown Skua (2011).CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), . A subespecie S. a. hamiltoni medida na illa Gough, pesou como media 1,43 kg nunha pesada de 9 machos e 1,65 kg nunha pesada de 9 femias. S. a. lönnbergi medida nas illas Chatham pesou como o media 1,73 kg nunha pesada de 30 machos e unha media de 1,93 kg en 32 femias. Esta última é unha das maiores medias de masa corporal nunha colonia de calquera especie viva de ave costeira.CRC Handbook of Avian Body Masses, 2nd Edition by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (2008), .
Un estudo de 2016 informou que estes papamerdas poden identificar individuos humanos concretos, o que posiblemente indica que teñen capacidades cognitivas relativamente altas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Brown skua, subantarctic skua - Texto sobre a especie no Atlas of Southern African Birds
Categoría:Estercoráridos Categoría:Animais descritos en 1978