O pilro pernilongo (Calidris himantopus ou Micropalama himantopus) é unha pequena ave costeira. O seu nome científico específico himantopus significa 'pés de correa' ou 'pés de sandalia'.

Este pilro parécese moito aos pilros máis pequenos. A información obtida da súa secuencia de ADN non é suficiente para determinar se debería ser situado no xénero Calidris ou no xénero monotípico Micropalama. Parece un aliado máis próximo do pilro ferruxento, que é outra especie un pouco estraña que só provisionalmente foi situada en Calidris e que para algúns debería ser separada con el no xénero Erolia.

Reprodúcese na tundra ártica de Norteamérica. é unha ave migradora de longa distancia, que pasa o inverno principalmente no norte de Suramérica. Aparece como unha rara ave errante no oeste de Europa, Xapón e norte de Australia.

Esta especie aniña no chan, poñendo 3 ou 4 ovos. O macho fai un voo de cortexo. Fóra da estación reprodutora, esta ave encóntrase normalmente en augas interiores en vez de en costas abertas.

miniatura|esquerda|Pilro pernilongo en Quintana, Texas

Esta especie lembra moito ao pilro ferruxento polo seu bico curvado, longo pescozo, supercilio claro e rabadilla branca. É doadamente distinguible desa especie polas súas patas moito máis longas e claras. Carece ademais dunha obvia barra alar en voo.

Os adultos reprodutores son moi distintivos, moi barrados pola parte inferior e con manchas avermellads por arriba e abaixo do supercilio. O dorso é marrón con centros das plumas máis negros. A plumaxe de inverno é basicamente gris por riba e branca por debaixo.

Os individuos novos lembran os adultos no seu forte debuxo da cabeza e dorso pardo, pero non están barrados por debaixo, e mostran bordos brancos na plumaxe traseira.

Estas aves aliméntanse en chairas de barro, peteirando a comida que ven, a miúdo pinchándoa como fan os Limnodromus, cos cales a miúdo se asocia. Comen principalmente insectos e outros invertebrados.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Stilt sandpiper species account – Cornell Lab of Ornithology Stilt sandpiper - Calidris himantopus – USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter fotos en Oiseaux.net

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1826