Issa Kodzoev, nado o 12 de agosto de 1938 en Anguxt, é un escritor, político, profesor e figura pública inguxo, autor da primeira novela épica en lingua inguxa, ГIалгIай.  Traxectoria Naceu nunha pequena localidade, de gran relevancia histórica ao ser o primeiro asentamento inguxo ao que chegaron os rusosJeffrey Cole (2011) Ethnic Groups of Europe: An Encyclopedia. New York:ABC-CLIO, p. 194 e do que tomaron o nome para denominar a todo o pobo inguxo, e que no momento de vir Kodzoev ao mundo formaba parte da República Socialista Soviética Autónoma de Chechenia-Inguxetia. O 23 de febreiro de 1944, con cinco anos, as autoridades stalistas acusaron ao pobo inguxo de colaborar cos alemáns e procederon á deportación dos inguxos do seu territorio ancestralNorman M. Naimark (2001) Fires of Hatred: Ethnic Cleansing in Twentieth-Century Europe. Cambridge, Mass. and London: Harvard University Press, p. 96-97.. Issa e a súa familia víronse obrigados a marchar a Kazakhstán, no exilio morreu toda a súa familia e el educouse nun orfanato. A partir de 1957 os inguxos puideron retornar a Inguxetia pero non á parte onde el nacera, transferida a Osetia do Norte e Issa ao volver instalouse en Thoj-Jurt. Estudou filoloxía no Instituto Pedagóxico Checheno-Inguxo e nesa época comezou a escribir sobre o drama que viviran os chechenos e os inguxos despois da deportación a Kazakhstán, como resultado estes escritos constituíron a base da colleita Kazakhstanskii dnevnik. En 1960 mentres aínda estaba na facultade publicou no almanaque Лоаман Iуйре o conto "Наьна дог". Logo de graduarse en 1962 ensinou no Instituto Secundario de Thoj-Jurt e posteriormente foi director do de Ekkažak’ongij-Jurt.

As autoridades soviéticas arrestárono o 4 de xullo de 1963 por distribuír os relatos contidos en Kazakhstanskii dnevnik. O Tribunal Supremo da RSSA de Chechenia-Inguxetia ditou sentenza o 10 de setembro de 1963 condenándoo, canda Ali Tatarovii, a 4 anos de traballos forzados no campo de Dubravlag Mordovia<ref>Timur Muzaev (1992) Novaja Čečeno-Ingušetija, Moscova: Panorama, p. 35</ref>. Despois da súa liberación en 1967 continou co seu labor cultural, colaborou na revista infantil СелаIад e no xornal «Сердало», e contra 1990 traduciu, dende a versión rusa de Boris PasternakJohanna Nichols (2011) Ingush Grammar University of California Press, p. 797, ao inguxo a peza de Shakespeare O rei Lear.

En maio de 1988 foi un dos fundadores e dirixentes do movemento sociopolítico Niisho, para a restauración dos dereitos e liberdades do pobo inguxo, a formación dunha república propia dentro de Rusia e a restauración da súa integridade territorial. En setembro de 1989 converteuse en presidente do comité para a restauración da autonomía inguxaThe North Caucasus: The Challenges of Integration (I), Ethnicity and Conflict Crisis Group Europe Report N°220, 19 de outubro de 2012 pero dous meses despois cesou, o que levou ao cisma á organización, quedando Issa como presidente do partidoSokirianskaia, E. (2010). "Governing Fragmented Societies: State-Building and Political Integration in Chechnya and Ingushetia (1991-2009)". Central Europe University, Budapest, p. 252, mentres outro grupo formaba o Consello Popular de Inguxetia. Nas eleccións de 1990 resultou elixido deputado do Consello Supremo de Chechenia-Inguxetia, xogou un papel activo na aprobación das leis rusas sobre a rehabilitación dos pobos represaliados e a da formación da República dos Inguxos en 1992.

Escritor en inguxo e ruso, a súa grande obra é Ğalğaj (ГIалгIай), novela épica en sete volumes, que narra a historia dos inguxos entre 1222 e 1675.

Obra En inguxo Дувцараш, 1990 Хьасани, Хьусени, Анжела яха хоза йиIиги, 2001 novela infantil Вешта аьлча, 2003 КIантий дегаш, 2003 ГIалгIай — novela épica en 7 volumes (2001-2013) Магате-Фаьрате, 2001 ГIалгIай Лоаме, 2001 Зоазо, 2004 Дадеков, 2006 Мехка гIонча, 2010 Ивизда ГIазд, 2011 Аьже Ахк, 2013

En ruso Казахстанский дневник Над бездной, 2006 Обвал, 2009 Сердца отважных Сулумбек Сагопшинский, 2011 Джамбулат и другие''

Notas

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Osetia do Norte-Alania Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua inguxa Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores de Rusia Categoría:Políticos de Rusia