O pilro de bico groso (Calidris falcinellus ou Limicola falcinellus) é unha pequena ave limícola. O nome científico específico falcinellus procede do latín falx, falcis, 'fouce'. A especie tamén foi clasificada como Limicola falcinellus, sendo a única especie dese xénero, pero pode encadrarse tamén en Calidris. Algunhas investigacións mesmo suxiren que debería clasificarse no xénero Philomachus. Supplementary Material

Descrición

miniatura|Pilro de bico groso Os pilros de bico groso son pequenas aves limícolas, lixeiramente maiores que o pilro común (Calidris alpina), pero cun bico máis recto e máis longo e patas máis curtas. O adulto reprodutor ten partes superiores cun padrón gris escuro e partes inferiores brancas con marcas anegradas no peito. Ten unha banda clara na parte superior da cabeza e no supercilio.

No inverno boreal, son grises claros por arriba e brancos por debaixo, como un pilro común en inverno, pero manteñen o padrón da cabeza do resto do ano. Os xuvenís teñen dorsos similares aos do pilro común pero son distintivos os flancos e ventre brancos e o peito con liñas marróns.

A chamada de contacto é un seco asubío que soa como “dri-it, dri-it” e un estalo como un “dic dic”.

Distribución e hábitat

esquerda|miniatura|Ovos da especie da colección do Museo de Wiesbaden O pilro de bico groso é unha ave fortemente migratoria, que pasa a estación non reprodutora na zona que vai desde o leste de África, pasa polo sur e sueste de Asia e chega a Australasia. É moi gregario e forma bandadas con outros pilros, especialmente co pilro común. Malia que a súa área reprodutora abrangue parte do norte de Europa, esta especie é rara cando vai de paso en Europa occidental, probablemente debido a que ten unha ruta de migración en dirección sueste.

O hábitat reprodutor desta ave son os pantanos da taiga húmida árticos do norte de Europa e Siberia. O macho realiza un cortexo aéreo. Aniñan nunha depresión escarvada no chan, onde poñen catro ovos.

Aliméntanse nas marismas e chairas de barro brando da costa, principalmente peteirando a comida que ven. Principalmente comen insectos e outros pequenos invertebrados.

É unha das especies ás que se lles aplica o Acordo para a conxervación de aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1763