Guion Stewart Bluford Jr., nado en Filadelfia o 22 de novembro de 1942, é un exastronauta estadounidense que participou nas misións STS-8, STS-61-A, STS-39 e STS-53 como especialista de misión. Pasou un total de 28,69 días no espazo.
Traxectoria Bluford naceu o 22 de novembro de 1942 en Filadelfia (Pensilvania). Gradouse en enxeñaría aeroespacial na Universidade do Estado de Pensilvania en 1964, fixo un máster en ciencias con distinción en enxeñería aeroespacial polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1974 e ten un doutoramento en enxeñería aeroespacial e física de láseres polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1978. Ten tamén un máster en administración de empresas pola Universidade de Houston, obtido en 1987.
Converteuse en astronauta da NASA en 1979, sendo o primeiro afroamericano en ir ao espazo.
Véxase tamén Outros artigos STS-8 STS-61-A STS-39 STS-53 Ligazóns externas
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1942