Casto Caamaño García, nado en Cee cara a 1880 e finado na Coruña o 28 de xullo de 1951, foi un político galego.
Traxectoria Traballaba na fábrica de Carburos Metálicos de Brens e rexentaba unha taberna na praza de Cee na que se ofrecían sesións de cine dende 1928. Dirixente da Alianza Republicana de Cee, afiliouse ao Partido Socialista e foi elixido concelleiro nas eleccións de maio de 1931. Coa renuncia a alcaldía de Segundo Trillo Durán en xuño de 1932, foi elixido alcalde de Cee, permanecendo no cargo até que renunciou o 16 de setembro de 1933. En xullo de 1936 era tenente alcalde.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi multado polo gobernador civil con mil pesetas, acusado de «desafección al Glorioso Movimiento». Logo foi encausado por rebelión militar e aínda que a súa causa foi sobresida, foi sancionado polo gobernador cunha multa de 10.000 pesetas. En abril de 1941 volveu ser sancionado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas con 6 anos de inhabilitación e o pago doutras 250 pesetas. Trasladouse á Coruña onde traballou repartindo carbón. Finou na Coruña o 28 de xullo de 1951.La Voz de Galicia, 29-7-1951, p. 6.
Homenaxes
En agosto de 2018 realizouse un acto de recoñecemento na Praciña do Olvido de Cee.Casto Caamaño: un ceense represaliado
Vida persoal
Casou con Teresa Rial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Casto Caamaño: un ceense represaliado
Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cee Categoría:Finados en 1951 Categoría:Nados en 1880 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes