María de Lourdes Gómez-Pamo López del Fresno, coñecida artisticamente como Maruchi Fresno, nada en Madrid o 14 de febreiro de 1916 e finada no Escorial o 19 de xullo de 2003, foi unha actriz española.
Traxectoria Filla do actor e caricaturista Fernando Fresno, os seus primeiros contactos co mundo da escena producíronse cando aínda non finalizara os seus estudos elementais, debutando no cine á idade de 18 anos coa película El agua en el suelo, de Eusebio Fernández Ardavín.
Licenciouse en Ciencias químicas, e ao comezo da Guerra Civil emigrou á Arxentina, onde continuou a súa carreira teatral.
Unha vez finalizada a contenda regresou a España e converteuse nunha das figuras máis sólidas do panorama artístico do momento, tanto en cine como en teatro. Na pantalla grande participou en películas como Nostalgia, (1942), de Juan de Orduña, Altar mayor (1943), de Gonzalo Delgrás, Reina santa (1946), de Rafael Gil, Serenata española (1947), de Juan de Orduña, Brigada criminal (1950), de Ignacio Iquino, Balarrasa (1950) ou Catalina de Inglaterra (1951), estas dúas últimas de José Antonio Nieves Conde. En teatro cultivou numerosos éxitos, por exemplo con María Estuardo e O soño dunha noite de verán (1950).
En 1953 contraeu matrimonio co director de teatro e escritor Juan Guerrero Zamora, co que tivo un fillo. Separouse de Guerrero Zamora anos máis tarde.
A partir dos anos 60, a súa presenza cinematográfica foise reducindo progresivamente. Interveu en Algo amargo en la boca (Eloy de la Iglesia, 1969) ou La regenta (Gonzalo Suárez, 1974), pero seguiu mantendo a súa actividade tanto a nivel teatral como televisivo.
Durante anos, interpretou sobre as táboas El milagro de Anna Sullivan (1961), no papel de "Kate Keller", El zapato de raso (1965), de Paul Claudel, Águila de blasón, de Valle-Inclán (1966), Fedra (1973), de Miguel de Unamuno, Tauromaquia (1975), de Juan Antonio Castro, Medea (1979), de Eurípides, Mariana Pineda (1982), de Federico García Lorca, Perico Andrónico (1983), de William Shakespeare, ¡Oh Penélope! (1986), de Gonzalo Torrente Ballester e La importancia de llamarse Wilde (1992). Tamén interveu asiduamente nos espazos dramáticos de Televisión Española: Estudio 1 e Novela, así como na serie Clase media, protagonizada por Antonio Ferrandis.
Filmografía
Cine +AnoTítuloPapelComentario1934El agua en el sueloMarucha Vilaredo1935Vidas rotasIrene1940Leyenda rotaMari-Luz1940La última fallaEnriqueta1940El famoso Carballeira1941Tierra y cieloClara1941Una conquista difícil1942NostalgiaCurtametraxe1943Mi adorable secretariaMarta1943Dora la espía1944Altar mayorTeresa1946La pródigaMaría1946Mar abiertoCarmiña1947Reina santaSabela de Aragón1947Serenata españolaLaura Salcedo1947Noche sin cieloRosa1949El capitán de LoyolaReina Juana1950La familia VilaCarmen1950Historia de una escaleraTrini1950Brigada criminalIsabel1950Verónica1951BalarrasaElena1951Catalina de InglaterraCatarina de Aragón1952La laguna negraCandela1953Vuelo 971Carmen Valverde de Galván1954Pasaporte para un ángel (Órdenes secretas)1955La lupaMaría1958Los joyeros del claro de lunaConchita1959Un hombre tiene que morirVirxe María1959Solomon and ShebaBatxeba1963El caminoLa Guindilla menor1965Diálogos de la pazMuller histérica1965I grandi condottieriMuller de Xedeón1965The Desperate Ones1969Hora cero: Operación RommelSeñora Rommel1969Algo amargo en la bocaAurelia1969Casi jugando1971La novicia rebelde1975La trastiendaSagrario1975La regentaMarquesa1987Laura, del cielo llega la noche1994ContinuumVoz1998Pecata minutaSor Aurora
Televisión
¡Ay, Señor, Señor! Vejez, divino tesoro! (1 de xaneiro de 1995) Clase media (1987) Teatro Estudio La marquesa Rosalinda (26 de marzo de 1981) Noche de teatro Águila de blasón (17 de maio de 1974) Las Tentaciones El inverno que viene (2 de novembro de 1970) Hora once La bella del bosque (13 de abril de 1969) Horatio Sparkins (8 de xullo de 1972) El Premio Palabras en el aire (25 de novembro de 1968) Teatro de siempre El placer de la honradez (28 de febreiro de 1968) Estudo 1 Don Juan Tenorio (2 de novembro de 1966) El teatrito de Don Ramón (1 de xullo de 1969) Ocho mujeres (29 de xuño de 1973) Una mujer sin importancia (6 de xullo de 1980) En Flandes se ha puesto el sol (10 de abril de 1981) Mariana Pineda (22 de agosto de 1983) Novela El hombre herido (8 de agosto de 1965) El fin de un largo viaje (4 de abril de 1966) Felipe Derblay (27 de novembro de 1967) Raffles (11 de marzo de 1968) El invernadero (5 de xaneiro de 1976) Pequeñeces (8 de marzo de 1976) El hombre de los aplausos (10 de xaneiro de 1977) Las cerezas del cementerio (11 de abril de 1977) Primera fila Un marido de ida y vuelta (15 de xaneiro de 1964) Gran teatro Don Juan Tenorio (27 de outubro de 1963) Teatro de familia La gran mentira (3 de xullo de 1963) Café para dos (14 de xaneiro de 1965) La profesora de declamación (25 de febreiro de 1965)
Premios
Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz principal (1951), por Catalina de Inglaterra. Fotogramas de Prata: Mellor intérprete de cine español (1952), por Catalina de Inglaterra. Premio da Unión de Actores (1994) a Toda unha vida. Medalla ao Mérito Artístico do Concello de Madrid
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes