Nosoutras é unha obra narrativa da estremeña María Victoria Moreno Márquez publicada postumamente en 2018.

Descrición Son sete textos, 5 en castelán e dous en galego, escritos en diferentes momentos e que non estaban pensados para os lectores de literatura infantil e xuvenil cando foron redactados. En todos eles destaca o protagonismo da muller e o seu sufrimento nun rexistro con abundancia de lirismo e unha coidada técnica narrativa.

A idea de liberdade embebe as follas deste libro que ofrece unha magnífica oportunidade para comprobar a evolución narrativa da autora.

Para María Hermida En Nosoutras, María Victoria Moreno fai protagonistas ás mulleres. Fala de mulleres que aturan, de mulleres que calan e doutras que se rebelan. Fala de mulleres que sufrían antes e que sofren agora porque, desafortunadamente, as historias que conta seguen vixentes.

Nosoutras É o relato que dá título ao libro e foi atopado entre os inéditos da autora. Debeu ser escrito entre 1987 e 1990, porque fala de que dá clases no Instituto de Vilalonga. Segundo Ramón Nicolás: “Nosoutras” non resulta, en sentido estrito, un relato; máis ben é un texto -ata agora inédito- onde a autora reclama e reivindica un espazo propio para aquelas voces que, canda ela, camiñan no labor de dignificación da literatura xuvenil e infantil en lingua galega, ... O texto, que ben podía considerarse un manifesto -mesmo descoñecido polas autoras amentadas tal e como sinala o prologuista do libro- ilumina un labor que a propia Moreno considera inxustamente invisibilizado e que considera deste xeito: “Escribimos con decoro, integrámonos na literatura do noso pobo e non fixemos máis que comezar…”.

É unha especie de manifesto de cinco escritoras: Nosoutras somos cinco mulleres de Galicia, é dicir, cinco entre as moitas mulleres que neste recanto do mundo viven, traballan e apostan polo futuro: Palmira G. Boullosa, Helena Villar, Ana Mª Fernández, Úrsula Heinze e María Victoria Moreno ... As cinco somos profesionais convencidas do ensino .

Conta os méritos docentes e literarios de cada unha delas. Reivindica a literatura galega e fala das tres etapas polas que esta pasou. Remata: poñamos punto final a esta representación coa mesma palabra que emprega Ramón Cabanillas para cerrar Na noite estrelecida, o libro máis alentador que se leva escrito en Galicia: ESPERADE .

O aguinaldo Este relato xa foi publicado na novela Onde o aire non era brisa e inclúese neste volume por cortesía da Editorial Galaxia.

Comeza coa descrición de Torralba de Alcor, da saída da misa dominical e as tertulias das mulleres. Dúas señoras tratan co cura o aguinaldo de Nadal. As pobres recollen os agasallos das mans das señoras cheas de xoias. Ignacio chega bébedo á casa e bate na muller por ir buscar o aguinaldo. Quedan os doces tirados polo chan. Os meniños van ir lambendo os restos no chan mentres o pai dorme. Entra a nai, ve o chan limpiño e os garavanzos recollidos, acobilla o seu fillo Anxo.

A gaiola Neste relato xa está presente o galego e foi presentado por María Victoria Moreno en 1971 aos Jogos Florais Minho-Galaicos convocados pola Associação Cultural e Recreativa Convívio de Guimarães mais non acadou premio. Este conto constitúe case con total seguridade a primeira contribución súa á nosa literatura, e sobre el declarou nunha entrevista ao Diario de Pontevedra aló polo 1971: é o que escribín con máis cariño, o máis humano e o que maior satisfacción me deixou cando gardei a pluma e o lin enteiro.

O relato comeza coa cita dos versos de Rosalía de Castro Adiós ríos, adiós fontes… Preséntase a lembranza da aldea fronte á cidade. A parella que emigra ao mundo urbano e lembran a vida anterior. Mais el morre: Ela chora a súa perda e lembra que o mataron nunha manifestación de protesta. A ela ofrecéronlle 100.000 pesetas para que cale e diga que foi un accidente. Remata:

A casa das Marías O orixinal castelán foi presentado, como o anterior, por María Victoria Moreno en 1971 aos Jogos Florais Minho-Galaicos convocados pola Associação Cultural e Recreativa Convívio de Guimarães e gañou o primeiro premio.

Lorenzo volve da feira e fala cunhas mulleres que lle comentan que mataron as Marías camiño da Fonsanta. María a vella cosía na rúa. A filla anda enleada co cura e quedou preñada. Lorenzo senta na casa e lembra mentres a muller, Lucía, lle pregunta. Sábese da vida de María a nova, os seus problemas e como lle dan cartos para que fuxan do lugar. Lucía pregúntalle a Lourenzo quen matou as Marías. Chega a parella da Garda Civil e lévano. Confesa que o por qué o fixo.

As follas feren xemendo Las hojas hieren gimiendo foi escrito nos primeiros anos da década de 1970 e apareceu cos inéditos que a familia da autora cedeu para a súa publicación.

É o monólogo dunha muller dentro dun camión de feirantes mentres o marido ronca e as moscas o enchen todo. Lembra a súa vida e como chegou esta situación.

Contra a noite Hacia la noche comparte a historia da publicación co conto anterior.

É un relato que formalmente se podería encadrar na Nova Narrativa Galega e protagonizado por unha muller que perdeu a súa nai.

Nocturno en tres tempos Tamén en galego, foi publicado en La Voz de Galicia o 25 de agosto de 2004 na sección “Relatos de verán”.

Relato moi breve en tres parágrafos dunha lembranza, un recordo amoroso.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andrea Jamardo, "Nosoutras" de María Victoria Moremno COPE.

Categoría:Obras literarias de María Victoria Moreno Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego