Ichthyosaura alpestris é unha especie de anfibio urodelo, un tritón. Anteriormente chamábase Triturus alpestris. É a única especie viva do xénero Ichthyousaura.

Descrición miniatura|esquerda|Macho na súa fase acuática Os maiores machos poden chegar aos 9 cm de lonxitude, e as femias os 12 cm. Durante a estación de apareamento a inicios do ano, os machos mostran unha coloración azul escura no dorso; os flancos teñen bandas de manchas brancas e negras e debaixo destas unha banda azul celeste e o ventre é de cor laranxa viva. As femias, en camuflaxe acuático, teñen pintas marróns e unhas poucas manchas no dorso. Despois da estación de apareamento, volven a ter a súa coloración orixinal de manchas marróns.

Vida e hábitat

Habitan normalmente en bosques con bo acceso á auga en rexións con montañas ou cuíñas. Xeralmente están ausentes das áreas pouco forestadas. Son numerosos en bosques de folla caduca espesos, e tamén en parques e xardíns naturais. Fóra da estación de desova, fan unha vida terrestre. Durante o día permanecen agochados no sotobosque. Despois de que os adultos saen da dormencia invernal, migran ás súas pozas de desova (do bosque ou artificiais) e viven durante a estación de apareamento en auga fría.

Distribución

A especie estaba confinada orixinalmente en Europa central e zonas montañosas do sur de Europa, e había poboacións illadas no norte da Península Ibérica e en Italia. A especie foi introducida no Reino Unido na década de 1930, inicialmente no sur de Inglaterra e desde entón conseguiron establecerse varias poboación máis ao norte, chegando ata Edimburgo. Foi tamén introducido na Serra de Guadarrama en Madrid.

Taxonomía

miniatura|Femia Esta especie estaba antes situada no xénero Triturus, pero García-París et al.García-París, M., A. Montori, and P. Herrero. 2004. Amphibia: Lissamphibia. Fauna Iberica Vol. 24. Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales e Consejo Superior de Investigaciones Científicas. dividiu o xénero Triturus, situando esta especie no seu propio xénero Mesotriton. Posteriormente, Mesotriton considerouse un sinónimo júnior de Ichthyosaura.Josef F. Schmidtler. 2007. Die Wurzeln einer bayrischen Herpetofaunistik im 18. und beginnenden 19. Jahrhundert. Zeitschrift f. Feldherpetologie 14: 93–119. Laurenti, Bielefeld. (PDF on line, en alemán; ver páxina 105) Recoñécense dez subespecies deste tritón (algunhas soamente con formas neoténicas): I. a. alpestris (Laurenti, 1768) I. a. apuanus (Gray, 1850) de Italia I. a. cyreni (Mertens & Muller, 1940) de España I. a. inexpectatus (Dubois & Breuil, 1983) de Calabria I. a. lacusnigri (Dely, 1960) da zona da antiga Iugoslavia I. a. montenegrinus (Radovanovic, 1951) de Montenegro I. a. piperianus (Radovanovic, 1961) I. a. reiseri (Schreiber, 1912) de Bosnia I. a. serdarus (Radovanovic, 1961) I. a. veluchiensis (Wolterstorff, 1935) de Grecia.

I. alpestris é a única especie viva do xénero Ichthyosaura, aínda que existiu ademais unha especie hoxe extinguida chamada I. randeckensis.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Amphibiaweb: Ichthy osaura alpestris Amphibian Species of the World

Categoría:Urodelos Categoría:Animais descritos en 1768