Antonio Casal Rivadulla, nado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1910 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1974, foi un actor galego.

Traballou en teatro, cine e televisión e foi un dos grandes galáns do cine español de posguerra.

Traxectoria Iniciou estudos de navegación marítima e de comercio na Coruña. Con todo, pronto abandonou ambas as carreiras e trasladouse a Madrid onde iniciou a súa carreira artística. Incorporouse á Compañía teatral de Julia Lajos e máis adiante á de Társila Criado e Jesús Tordesillas. De aí pasou sucesivamente ás compañías de Moreno Torroba e María Fernanda Ladrón de Guevara, coa que protagonizou La madre guapa.

Debutou no cine en 1941 con Polizón a bordo que recreaba o ambiente da súa terra, e pronto se converteu nun dos principais galáns do panorama español, protagonizando sobre todo películas cómicas, como El hombre que se quiso matar (1941), de Rafael Gil, Doce lunas de miel (1943), de Ladislao Vajda ou El fantasma de Doña Juanita (1944), de Rafael Gil. Un dos traballos polo que é máis recordado é polo seu papel en La torre de los siete jorobados (1944), de Edgar Neville, hoxe considerado un filme de culto.

Iniciada a década dos cincuenta primou a súa carreira sobre os escenarios e formou unha compañía de revista con Ángel de Andrés (1950-1957) e máis tarde a súa propia. Tivo éxitos tan famosos como A lo loco de José Padilla, Las cuatro copas (1951-1953), Los 4 besos ou Entre pillos anda el juego. Prolongou unha década a súa presenza no xénero, compartindo escenario, entre outros, con Tony Leblanc en Todos contra todos (1962) e con Juanito Navarro en Quiero un bebé! (1965).

A partir dos anos 60 traballou tamén na dirección e produción teatrais e gozou de novo de gran popularidade grazas ás series de Televisión española Palma y Don Jaime (1959), Plinio (1972) e Animales racionales (1972).

Vida privada Casou en 1953 coa tamén actriz Carmen Mínguez e tiveron dous fillos: Jesús e María Casal, quen tamén se dedicou á interpretación.

Filmografía

Cine +AnoTítuloPapel1941¡Polizón a bordo!Manucho1941Pepe CondeJuan José1941Para ti es el mundo1942El hombre que se quiso matarFederico Solá1942Viaje sin destinoPoveda1943Huella de luzOctavio Saldaña1944Doce lunas de mielJaime1944Te quiero para míCésar Guzmán1944La torre de los siete jorobadosBasilio Beltrán1945El fantasma y Dª JuanitaTony / José1945Cinco lobitosPedro1945Un hombre de negociosFernando1948Botón de áncoraJosé Luis Bahamonde1948La fiesta siguePacorro1949La guitarra de GardelPaco1951El sueño de Andalucía1951Andalousie1951El negro que tenía el alma blancaNonell1951La trinca del aire1952Doña FrancisquitaCardona1953Fantasía españolaRafael1956Manolo guardia urbano!1957La ironía del dineroEl Hambrientito de Cuenca1958Familia provisional1958Las chicas de la Cruz Roja!Andrés1958Secretaria para todoSergio Romero1959Las locuras de Bárbara1959Camarote de luxoAurelio Romay1959El día de los enamoradosAntonio1960Mi calleLesmes1960El vagabundo y la estrellaBartolo1961Don José, Pepe y PepitoDon José Quiroga1962Mi adorable esclavaLeopoldo1962Siempre en mi recuerdo1963El diablo en vacacionesPepe1963Han robado una estrellaAntonio1963Cuatro bodas y picoJoaquín1964La nueva CenicientaJorge1968Un día es un díaDon Rogelio1969Amor a todo gasEduardo Acevedo1969La revoltosaCándido1970La tonta del boteDon Ambrosio1970El cronicónA. Tomas1971Vacío en el alma1973Me has hecho perder el juicioAvogado

Televisión +AnoTítuloPapelNotas1959Palma y Don JaimeDon Jaime1961Gran teatro1 episodio: "Un marido ideal"1968Historias naturales1 episodio: "La dulce muerte"1968Escritores en televisión1 episodio: "El oficio de vivir"1971Teatro de siempre1 episodio: "Casa de muñecas II"1971Hora once2 episodios: "Blasones y talegas", "La Marquesa de O"1971PlinioPlinioPersonaxe regular. 6 episodios1972Pequeño estudio1 episodio: "Matrícula de Alemania"1973Estudio 12 episodios: "La bella Dorotea II", "Doce hombres sin piedad"1972Animales racionales10 episodios.1975OriginalEsteve1 episodio: "El último asalto"

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obituario de Antonio Casal en ABC (en castelán).

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1910 Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Finados en 1974