Ramón Cid Pardo, nado en San Sebastián o 15 de agosto de 1954,Ramon Cid Perfil na web da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF), é un exatleta español especiaizado na disciplina de triplo salto que, desde 2013, ocupa o cargo de director técnico e seleccionador da Real Federación Española de Atletismo (RFEA).Web da RFEA .
Traxectoria miniatura|250px|O Estadio Olímpico de Berlín, onde se celebrou o Campionato de Europa de atletismo de 2018.
Cid, na súa etapa como atleta, foi triplista e, segundo o periodista Carlos Arribas de El País, o mellor de España na súa época.
Nos últimos anos antes de ocupar o seu cargo como director técnico da RFEA foi o responsábel dos saltadores.
Sucedeu a José María Odriozola, quen ocupara o cargo durante 24 anos."Prefiero cero medallas a medallas que huelan mal", El País, 24-02-2013.
No Campionato Europeo de Atletismo celebrado do 6 ao 12 de agosto de 2018 no Estadio Olímpico de Berlín, a selección española conseguiu 8 medallas:European Athletics Championships. Medals. Placings. Dúas de ouro (os marchadores María Pérez García e Álvaro Martín), Dúas de prata (o obstaculista Fernando Carro e o marchador Diego García Carrera), e Catro de bronce (a triplista Ana Peleteiro, a marchadora Julia Takacs, o valadista Orlando Ortega e os relevistas de 4x400.Felicidad y amargura del atletismo español en Berlín. El País, 14-08-2188.
Ademais, a selección española acadou o cuarto posto na clasificación por puntos, por detrás de Alemaña, Reino Unido, Polonia e Francia.
No outono de 2018 deixou a dirección técnica da RFEA e continuou o seu traballo como adestrador particular.
Marcas persoais como triplista Pista cuberta 1 de outubro de 1980: 16,69 m, Madrid. 11 de setembro de 1979: 16,71 m, Cidade de México.
Aire libre 1 de marzo de 1980: 16,36 m, Sindelfingen (Alemaña).
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Atletas olímpicos de España Categoría:Triplistas Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1980