María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Traxectoria

Blanca era filla de Blanca Alonso Rey, enfermeira, e de Valentín Jiménez Moro, natural da provincia de Zamora que chegara a Ribadeo para exercer como inspector municipal veterinario. Blanca cursou estudos secundarios en Ribadeo e con 19 anos aprobou con brillantes cualificacións o exame de estado na Universidade de Oviedo, estudando posteriormente Maxisterio en Lugo.

Estivo casada con Fermín Penzol, e foi presidenta de honor da fundación Penzol de 2001 a 2008 e conselleira da editorial Galaxia.

Recibiu diferentes galardóns polo seu labor de presidenta da Fundación Penzol, entre eles, o de Galegas Destacadas e a medalla Castelao. Tamén formou parte do plenario do Consello da Cultura Galega ata o ano 2008.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Medallas Castelao Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes