miniatura|300px|Bandada de ganso de cara branca durante a súa migración de outono miniatura|300px|Exemplos de rutas de migración de aves a gran distancia.

A migración das aves é o movemento regular estacional que fan moitas especies de aves, xeralmente na dirección norte-sur/sur-norte seguindo unha ruta de voo, entre os seus territorios de cría e os de invernada. Moitas especies de aves migran, o que lles supón un custo en predación e mortalidade, incluíndo a caza polos humanos. A migración está impulsada principalmente pola dispoñibilidade de comida, aínda que tamén inflúen outros factores. Ocorre principalmente no hemisferio norte, onde as aves canalizan a súa migración por rutas específicas determinadas por barreiras naturais como o mar Mediterráneo ou o Caribe.

A migración de especies como cegoñas, rulas, e andoriñas foi rexistrada desde hai máis de 3 000 anos por autores da Antiga Grecia, como Homero e Aristóteles e no Libro de Xob da Biblia. Máis recentemente, Johannes Leche empezou a rexistrar os datos das chegadas de migrantes primaverais en Finlandia en 1749, e os modernos estudos científicos utilizan técnicas como o anelamento de aves e o rastreo por satélite para coñecer o movemento das aves migrantes. As ameazas que afrontan as aves migratorias aumentaron coa destrución de hábitats especialmente nos sitios de parada e de invernada, e coa proliferación de estruturas como liñas de alta tensión e muíños para producir enerxía eólica.

O carrán ártico ten a mellor marca de migración a longa distancia, xa que viaxa entre os seus territorios de cría no Ártico e Antártico todos os anos. Algunhas especies de aves con tubos nasais (Procellariiformes) como os albatros circundan a Terra, voando sobre os océanos do sur, mentres que outras como as pardelas furabuchos migran 14 000 km entre os seus territorios de cría do norte e os océanos do sur. As migracións máis curtas son moi comúns, entre elas están as migracións altitudinais en montañas como os Andes e os Himalaias.

O momento en que se produce a migración parece que está controlado principalmente polos cambios na duración do día. As aves migrantes navegan usando pistas celestes como a posición do Sol e as estrelas, e tamén usan o campo magnético terrestre e mapas mentais.

Perspectiva histórica

Rexistrouse o fenómeno da migración das aves desde hai máis de 3 000 anos na Antiga Grecia, onde escritores como Hesíodo, Homero, Heródoto e Aristóteles a mencionaron. Na Biblia tamén se fai mención destas migracións, como no Libro de Xob,A Biblia. 2ª edición. SEPT. 1992. Vigo. Libro de Xob, capítulo 39, versículo 26. Páxina 633. ISBN 84-7337-040-6. onde se fai esta pregunta: "Es ti quen lle ensina a voar ao falcón, tendendo as ás no vento do sur?". O autor do Libro de Xeremías escribiu: "As cegoñas do ceo coñecen todas o tempo da súa volta, as rulas, as andoriñas e os grous volven no seu tempo".A Biblia. 2ª edición. SEPT. 1992. Vigo. Libro de Xeremías, capítulo 8, versículo 7. Páxina 1067. ISBN 84-7337-040-6.

Aristóteles decatouse que os grous viaxaban desde as estepas de Escitia aos pantanos e nacemento do Nilo. Plinio o Vello, na súa Historia Naturalis, repite as observacións de Aristóteles.

Migración fronte a hibernación das andoriñas miniatura|Fresco minoico dunha andoriña en primavera en Akrotiri, c. 1500 a.C.

Porén, Aristóteles suxeriu que as andoriñas e outras aves hibernaban (quedaban aletargadas no lugar e non migraban). Esta crenza persistiu ata 1878, cando Elliott Coues compilou os títulos de non menos de 182 publicacións que trataban da hibernación das andoriñas. Incluso o "moi observador" Gilbert White, na súa obra publicada postumamente en 1789 The Natural History of Selborne (A historia natural de Selborne), citaba a historia contada por un home de que as andoriñas foran atopadas no derrubamento dun cantil de greda "cando el era un escolar en Brighthelmstone", aínda que o home negou ser testemuña visual. Porén, tamén escribiu que "en canto a que as andoriñas fosen atopadas en estado de letargo durante o inverno na illa de Wight ou en calquera parte deste país, nunca oín un relato dese tipo que pagase a pena escoitar",White, 1898. pp. 27–28 e que se as andoriñas temperás "atopan casualmente xeo e neve, inmediatamente se retiran durante un certo tempo, unha circunstancia que vai máis en favor de que se esconden que da hibernación", polo que dubida "que volvan por unha semana ou dúas a latitudes máis cálidas".White, 1898. pp. 161–162

Ata finais do século XVIII non se aceptou que a migración como explicación da desaparición durante o inverno de aves dos climas do norte. Na obra de Thomas Bewick A History of British Birds (Unha historia das aves británicas), Volume 1, 1797, menciona un informe dun "capitán de barco moi intelixente" que, "entre as illas de Menorca e Mallorca, viu un gran número de andoriñas voando cara ao norte",Bewick, 1797. p. xvii e presenta a situación nas illas Británicas da seguinte maneira:

miniatura|Unha Pfeilstorch, atopada en 1822, demostrou que as aves migraban en vez de hibernar ou cambiar de forma no inverno.

Bewick describe despois un experimento que conseguiu manter anduriñas vivas nas illas Británicas durante varios anos, onde permanecían quentes e secas durante os invernos. Conclúe que:

Pfeilstörche (cegoñas con frechas cravadas) En 1822, atopouse unha cegoña branca no estado alemán de Mecklenburg cunha frecha cravada feita de madeira de África central, o que era unha das primeiras evidencias da migración de gran distancia que fan as cegoñas.Zoologische Sammlung der Universität Rostock artigo cunha imaxe dunha Rostocker PfeilstorchFlyer for the Rostock University Zoological Collection Der Sproessling 3 edición da revista da asociaciónn de estudantes local que contén un artigo sobre a Pfeilstorch Esta ave foi denominada en alemán Pfeilstorch, que significa 'cegoña con frecha' (cravada). Desde entón, documentáronse unhas 25 Pfeilstörche.

Padróns xerais

miniatura|upright|Bandadas de aves xuntándose antes da súa migración ao sur (probablemente estorniños pintos) miniatura|Limícolas migrantes na baía de Roebuck, Australia Occidental A migración é o movemento estacional regular, xeralmente na dirección norte a sur e viceversa, que realizan moitas especies de aves. O movemento migratorio das aves pode deberse a cambios na dispoñibilidade de alimentos, cambios no hábitat ou no tempo meteorolóxico. Ás veces, estas viaxes non se denominan "verdadeiras migracións" porque son irregulares (nomadismo, invasións, irrupcións) ou só nunha dirección (dispersión, movemento das crías que se van da súa área natal). A migración está marcado pola súa estacionalidade anual. As aves non migratorias dise que son residentes ou sedentarias. Aproximadamente 1 800 das 10 000 especies de aves do mundo son migrantes de longas distancias.

Moitas poboacións de aves migran a gran distancia seguindo unha ruta de voo. O padrón máis común, no hemisferio norte, consiste en voar ao norte en primavera para reproducirse no verán temperado do Ártico e regresar en outono aos territorios de invernada nas rexións cálidas do sur. Por suposto, no hemisferio sur as direccións son as contrarias, pero hai menos superficie de terra no distante sur para soster unha migración de longa distancia.

A principal motivación para a migración parece ser a procura de alimento; por exemplo, algúns colibrís elixen non migrar se son alimentados durante o inverno. Ademais, os días máis longos do verán do norte proporcionan máis tempo ás aves reprodutoras para buscar comida para as crías. Isto axuda aos paxaros diúrnos a producir postas maiores que as que poñen especies de paxaros relacionados non migratorios que se quedan nos trópicos. A medida que se acurtan os días en outono, as aves volven ás rexións máis cálidas, onde a dispoñibilidade de comida varía pouco durante a estación.

Estas vantaxes compensan o grande estrés, os custos do cansazo físico, e outros riscos que ten a migración. A predación pode intensificarse durante a migración: o falcón da raíña (Falco eleonorae), que se reproduce en illas do mar Mediterráneo, ten unha tempada reprodutora moi tardía, porque está coordinada co paso outonal cara ao sur de paseriformes migrantes, cos que alimentan as súas crías. Unha estratexia similar é a que adopta o morcego Nyctalus lasiopterus, que tamén depreda nos paseriformes migrantes. As maiores concentracións de aves migrantes en sitios de parada fan que sexan máis susceptibles á infestación por parasitos e patóxenos, o que require un aumento da resposta inmune.

Nunha especie non todas as poboacións poden ser migratorias; isto denomínase "migración parcial". A migración parcial é moi común nos continentes do sur; en Australia o 44% das aves non paseriformes e o 32% dos paseriformes son parcialmente migratorias. Nalgunhas especies, a poboación en latitudes máis altas tende a ser migratoria e adoita invernar en latitudes máis baixas. As aves migrantes pasan de longo polas latitudes onde outras poboacións poden ser sedentarias, onde os hábitats axeitados para invernar probablemente xa están ocupados. Isto é un exemplo de migración a salto de ra. Moitas especies completamente migratorias mostran este tipo de migración a salto de ra (aves que aniñan en latitudes máis altas pasan o inverno en latitudes máis baixas), e moitas mostran o tipo alternativo de migración, chamado migración en cadea, na que as poboacións 'deslízanse' máis gradualmente de norte a sur sen reverter a orde.

Nunha poboación, é común que diferentes idades ou sexos presenten diferentes padróns de tempo e distancia na migración. As femias do pimpín Fringilla coelebs no leste de Fennoescandia migran antes no outono que os machos, e os páridos europeos dos xéneros Parus e Cyanistes só migran no seu primeiro ano.Ketterson, E. D., and V. Nolan. 1985. Intraspecific variation in avian migration: evolutionary and regulatory aspects, Pages 553-579 in M. A. Rankin, ed. Migration: mechanisms and adaptive significance, University of Texas, Austin.

A maioría das migracións empezan coas aves saíndo formando unha ampla fronte. A miúdo esta fronte estréitase formando unha ou máis rutas preferidas chamadas vías de voo. Estas rutas seguen tipicamente cadeas montañosas ou liñas de costa, ás veces ríos, e poden aproveitarse de correntes ascendentes ou padróns dos ventos ou evitar barreiras xeográficas como longas extensións de augas abertas. As rutas específicas poden ser programadas xeneticamente ou aprendidas en varios graos. As rutas que toman nas migracións de ida e de volta son con frecuencia diferentes. Un padrón común en Norteamérica é unha migración no sentido das agullas do reloxo, na que as aves que voan cara ao norte tenden a pasar máis ao oeste, e as que voan cara ao sur tenden a viaxar desprazadas ao leste.

Moitas, se non a maioría, das aves migran en bandadas. Nas aves máis grandes, voar en bandadas reduce o custo de enerxía. Os gansos nunha formación en V poden conservar do 12 ao 20% da enerxía que necesitarían se voasen sós. En estudos por radar encontrouse que os pilros Calidris canutus e Calidris alpina voaban 5 km/h máis rápidos en bandadas que voando sós.

miniatura|Atopáronse esqueletos de pato rabilongo no alto dos Himalaias