O eixo cafeteiro (en ) é unha rexión xeográfica, cultural, económica e ecolóxica de Colombia situada nos departamentos de Caldas, Risaralda, Quindío, o Norte e Oriente do Valle del Cauca, e o Noroccidente do Tolima, e as cidades capitais dos tres primeiros departamentos devanditos (Manizales, Pereira e Armenia, respectivamente). Esta rexión foi unha notable produtora de caucho, a comezos do século XX pero logo dedicouse ó café.
O Triángulo do Café, que non se debe confundir co eixo cafeteiro, é unha rexión comprendida entre as concas dos ríos Campoalegre, Otún e La Vieja.
Pola importancia cultural e a paisaxe cultural do eixo cafeteiro, procedeu a UNESCO en declarar como Patrimonio da Humanidade no ano 2011, parte desta zona, para recoñecer a paisaxe e a cultura máis representativas desa rexión cafeteira, á cal se lle denominou Paisaxe Cultural Cafeteira.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Paisaxe Cultural Cafeteira - Páxina oficial
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Colombia