miniatura|230px|La Candelaria. La Candelaria é a localidade número 17 do Distrito Capital de Bogotá, capital de Colombia. Atópase no centro oriente da cidade de Bogotá. Abrangue o centro histórico de Bogotá. Alí fundouse a cidade o 6 de agosto de 1538 e construíuse a primeira igrexa. Alberga a Praza de Bolívar, que ten no seu costado oriental a Catedral Primada de Colombia. É ademais un importante centro turístico, educativo e comercial.

Historia Teusaquillo (hoxe o Chorro de Quevedo) era un lugar de descanso do gobernante muisca chamado zipa. Crese que neste lugar Gonzalo Jiménez de Quesada fundou, o 6 de agosto de 1538 o que se convertería na Cidade de Bogotá. A localidade, toma o nome da igrexa da Candelaria (do mesmo xeito que o barrio, o cal se empeza a conformar dende 1960).

En abril de 1539 desenvólvese a fundación formal na actual Praza de Bolívar. Alí faise o trazado orixinal da cidade estabelecéndose a Praza Maior e o lugar da igrexa principal, que máis adiante viría sendo a Catedral Primada de Bogotá. miniatura|280x280px|Casas na zona alta da Candelaria.

Barrios Os barrios da localidade son La Catedral, La Concordia, Las Aguas, Centro Administrativo, Egipto, Belén e Santa Bárbara.

No interior destes mesmos barrios atópanse dous importantes conxuntos residenciais que albergan un tamaño de poboación equivalente á maior parte dos seus barrios.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Localidades de Bogotá