David McDowell Brown foi un astronauta estadounidense que participou na misión STS-107, na que faleceu ao desintegrarse o transbordador espacial Columbia durante a reentrada atmosférica. Pasou un total de 15,93 días no espazo.
Traxectoria Brown naceu o 16 de abril de 1956 en Arlington, Virxinia. Estaba solteiro e era graduado en bioloxía pola Facultade de William e Mary en 1978 e en medicina pola Escola de Medicina de Virginia Este en 1982.
Foi seleccionado pola NASA en abril de 1996 e tras dous anos de adestramento e avaliación pasou a ser especialista de misión. Faleceu xunto co resto da tripulación durante a súa primeira e única misión, a STS-107 do transbordador Columbia, cando o vehículo se destruíu durante a reentrada atmosférica, o 1 de febreiro de 2003.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-107
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Finados na exploración espacial