Rafael Calixto Escalona Martínez, nado en Patillal o 26 de maio de 1927 e finado en Bogotá o 13 de maio de 2009, coñecido como "O mestre Escalona", foi un compositor colombiano, considerado un dos máis grandes compositores da música vallenata. Traxectoria

Escalona foi cofundador do Festival da Lenda Vallenata xunto á xestora cultural Consuelo Araújo Noguera e o político liberal Alfonso López Michelsen. Pola súa amizade con López, Escalona foi nomeado Cónsul de Colombia en Colón, Panamá unha vez López chegou á presidencia de Colombia.

As súas cancións foron gravadas por destacados artistas da música vallenata como Guillermo Buitrago e os seus acompañantes (Angel Fontanilla, Efraín Torres e Carlos "El Mocho" Rubio), Julio Bovea (Bovea y sus Vallenatos), Diomedes Díaz, El Binomio de Oro Rafael Orozco e Israel Romero, Jorge Oñate, Poncho e Emilianito Zuleta.

Notas

Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Músicos de Colombia