As illas do Rosario (ou Corais do Rosario) é un pequeno arquipélago formado por unhas 28 illas, que forma parte da zona insular de Cartaxena de Indias, cunha superficie terrestre de 20 héctareas (0,20 km²) situado fronte ás costas do Departamento de Bolívar, á mesma latitude que a península de Barú. Nelas atópase un dos parques nacionais naturais de Colombia, creado para protexer un dos arrecifes coralinos máis importantes da costa Caribe colombiana.

Características É un territorio pertencente á rexión atlántica colombiana, e depende do departamento de Bolívar. As illas consisten nunha pequena plataforma composta de sucesivas formacións coralinas a diferentes profundidades.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información sobre o arquipélago Illas do Rosario Fotogalería das Illas do Rosario

Categoría:Illas de Colombia