Curtis Lee 'Curt' Brown Jr. é un piloto de probas e astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-66, STS-77, STS-103, STS-95, STS-47 e STS-85. Pasou un total de 57,63 días no espazo.
Traxectoria Brown naceu o 11 de marzo de 1956 en Elizabethtown, Carolina do Norte. É graduado en enxeñería eléctrica pola Academia da Forza Aérea en 1978. Está casado e ten un fillo.
Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1987 e tras un ano de adestramento e avaliación pasou a ser astronauta oficialmente en agosto de 1988. Formou parte da tripulación das misións STS-66, STS-77, STS-103, STS-95, STS-47 e STS-85.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-66 STS-77 STS-103 STS-95 STS-47 STS-85
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Carolina do Norte