Roy Dunbard Bridges Jr. é un piloto de probas e astronauta estadounidense retirado que participou na misión STS-51-F. Pasou un total de 7,95 días no espazo.
Traxectoria Bridges naceu o 19 de xullo de 1943 en Atlanta, Xeorxia. É graduado en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos, en Colorado Springs, e en astronáutica pola Universidade Purdue, en Indiana, en 2001. Está casado con Benita Louise Allbaugh e ten un fillo e unha filla.
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1980 e tras un ano de adestramento a avaliación pasou a ser astronauta oficialmente en agosto de 1981. Formou parte da tripulación da misión STS-51-F.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-F
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Atlanta, Xeorxia