Ernesto Mauri, nado en 1791 e finado en 1836, foi un botánico e micólogo italiano.
Traxectoria Ernesto Mauri realizou unha importante contribución á botánica coa súa obra Florae romanae en coautoría con F. Antonio Sebastiani (1782-1821). Chegou a ser director do Xardín Botánico de Roma e profesor de botánica.
Abreviatura botánica A abreviatura Mauri emprégase para indicar a Ernesto Mauri como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.Todas as especies de plantas descritas por E. Mauri en IPNI
Un exemplo de planta descrita por el é Romulea bulbocodium (L.) Sebast. & Mauri, publicada en Florae Romanae Prodromus 17 1818. Esta planta tamén se chama Romulea uliginosa e ten por nome común aberiota.
Honores Epónimos As seguintes plantas levan o epónimo de E. Mauri: (Geraniaceae) Pelargonium maurii Dehnh.Cat. Pl. Horti Camald., ed. 2 22 (Quid ?). 1832 (IK) (Orchidaceae) Orchis mauri Jord. ex Cortesi 1903Ann. Bot. (Rome) 1: 173. 1903 (IK) Curiosamente, a pesar de ser botánico, tamén hai algúns animais nomeados en honra a Mauri: Existe unha ave á que o seu descritor, o ornitólogo alemán Jean Louis Cabanis (1816-1906) lle puxo en 1859 o nome mauri en honra de Ernesto Mauri. Trátase do pilro Calidris mauri.James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books. En realidade, Cabanis foi persuadido polo ornitólogo Charles Lucien Bonaparte, que tamén nomeara previamente a ave e era amigo de Mauri, de que lle puxese ese nome.Bo Beolens, Michael Watkins, Michael Grayson The Eponym Dictionary of Birds Google books. Bonaparte tamén lle puxera a un peixe o nome Smaris maurii en honra de E. Mauri, pero este é un sinónimo júnior e hoxe denominase Spicara smaris.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas «Ernesto Mauri». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade de Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).
Categoría:Botánicos de Italia Categoría:Nados en 1791 Categoría:Finados en 1836 Categoría:Micólogos