Esta é unha lista sobre as catástrofes naturais que aconteceron durante o ano 2018.
Catástrofes naturais por países
Paísmortosferidosdesprazadosdesaparecidos1 964632448 148291 50526021 0230846 680364029008 600871882 8532 839240 162240201550126 00001120260 20009418700760075700006500062104344000382000220002006 60013118000150149 004012506110051100080006000400022550022130020001000
Catástrofes naturais por continentes
ContinenteMortosFeridosDesprazadosDesaparecidosAsia3 6872 0051 585 032364África318América312Europa130
Catástrofes naturais por tipoloxía
Tipo de catástrofemortosferidos desprazadosdesaparecidosTerremoto5570431 4160Inundacións3850849 0040Onda de calor208000Erupción volcánica1562 8532 839268Incendios9418700Crecida de río10005Furacán6002
Catástrofes naturais por mes
Xaneiro
5 de xaneiro
: Inundacións en Kinshasa no 2018. As fortes choivas torrenciais do 4 de xaneiro provocaron derrubamentos na capital, Kinshasa deixaron: 44 mortos, 192 casas destruídas e 5 100 inundadas. : Tormenta Eleanor no 2018. A tormenta Eleanor deixa nos Alpes 5 mortos, 26 feridos e 2 desaparecidos.
13 de xaneiro
: Inundacións en California en xaneiro de 2018. As inundacións provocadas polas fortes choivas e os desprendementos no estado de California, deixa 18 mortos e 43 desaparecidos.
18 de xaneiro
: Tormenta Friederike no 2018. A tormenta Friederike durante o 18 de xaneiro provocou fortes ventos que deixaron 6 mortes en Alemaña. : Tormenta Friederike no 2018. A tormenta Friederike deixa nos Países Baixos 2 mortos. : Tormenta Friederike no 2018. A tormenta Friederike deixa en Bélxica 1 morto.
Febreiro
19 de febreiro
: Fortes choivas en Bolivia en febreiro de 2018. As fortes choivas deixaron en Bolivia polo menos 8 mortos e máis de 15 000 afectados. O maior número de vítimas sucedeu en Tiquipaya.
25 de febreiro
: Inundacións nos Estados Unidos do 25 de febreiro de 2018. As graves inundacións provocadas polas fortes choivas do 25 de febreiro deixaron no centro e nordeste do país 5 mortos.
Abril
27 de abril
: Tormentas en Israel durante o 26-27 de abril de 2018. As fortes tormentas deixaron grandes cantidades de choiva que provocaron a formación de riadas e torrentes principalmente na rexión de Arava. O número total de vítimas mortais ascende a 11.
Maio
4 de maio
: Fortes choivas en Kenya dende principios de marzo do 2018. A tempada de choivas en Kenya deixa polo 112 mortes, 48 477 fogares destruídos, 260 200 desprazados e grandes zonas agrícolas danadas.
15 de maio
: Inundacións en Ruanda no 2018. Despois de catro meses de intensas choivas e graves inundacións deixaron un saldo total de máis de 200 mortos, uns días antes de acabar a tempada de choivas houbo un derrubamento que provocou 18 mortos. Máis de 9 000 casas foron destruídas.
21 de maio
: Onda de calor dende o 19 de maio ata o 24 de maio de 2018 en Paquistán. Unha onda de calor que afectou a cidade de Karachi, deixou polo menos 65 mortos polas altas temperaturas.
27 de maio
: Inundacións en Hirshabelle, Yubaland e Banadir dende marzo de 2018. As inundacións provocadas polas intensas chuvias en varios estados de Somalia deixan, polo menos, 21 mortos, 800 000 persoas afectadas e máis de 230 000 persoas tiveron que abandonar os seus fogares.
28 de maio
: Derrubamento de terras no Sur de Etiopía en maio do 2018. As fortes choivas provocaron graves derrubamentos de terras que deixaron no Sur de Etiopía 32 mortos e 6 feridos.
29 de maio
: Furacán Alberto de 2018. O furacán Alberto ao seu paso por Carolina do Norte deixa 2 mortos.
Xuño
3 de xuño
: Erupción do volcán do Fuego do 3 de xuño de 2018: A erupción volcánica en Guatemala deixou polo menos 188 mortos, 2 853 feridos, 240 desaparecidos, 2 839 refuxiados e preto de 2 millóns de afectados.
18-20 de xuño
: Inundacións por fortes choivas do 18 ao 20 de xuño de 2018 en Abiyán. As intensas choivas provocaron inundacións que asolaron a cidade de Abiyán e deixaron 18 mortos. As autoridades políticas declararon a alerta vermella na zona afectada.
Xullo
6 de xullo
: Onda de calor dende o 29 de xuño de 2018 ata o 6 de xullo de 2018 no Canadá. Unha onda de calor na rexión do Quebec deixou polo menos 70 mortos. 34 deles en Montreal.
9 de xullo
: Inundacións do 28 de xuño ao 9 de xullo de 2018 no Xapón. As inundacións provocadas polas fortes choivas deixa 209 mortos e máis de 50 persoas aínda seguen desaparecidas. Unhas 5 900 persoas permanecen en refuxios.
: Onda de calor no Xapón do 9 de xullo ao 26 de xullo de 2018. A onda de calor que afectou ao Xapón deixou 138 mortos e 71 266 persoas tiveron que ser hospitalizadas por insolación. Unha das zonas máis afectadas polas altas temperaturas é Kumagaya.
17 de xullo
: Inundacións en xullo de 2018 en Nixeria. As inundacións provocadas polas fortes choivas entre os días 15 e 16 deixaron 52 mortos, 24 feridos e 20 desaparecidos no estado de Katsina, sendo a zona máis afectada a cidade de Jibia.
18-22 de xullo
: Furacán Son Tinh do 18 de xullo ao 22 de xullo de 2018 en Vietnam. O furacán Son Tinh que afectou ao norte do país deixa ao menos 19 mortos e 13 desaparecidos, afectou a 15 000 fogares e tamén arrasou varias zonas agrarias.
23-24 de xullo
: Inundacións en Limbé e Douala do 23 ao 24 de xullo de 2018. As inundacións provocadas polas fortes choivas deixa en Limbé 6 mortos e varios edificios inundados.
23-26 de xullo : Incendios forestais provocados en Grecia do 2018: Numerosos incendios provocados afectaron as localidades que se sitúan nos arredores de Atenas, entre elas Mati, onde houbo o maior número de mortos, en total os incendios deixaron 94 mortos, 187 feridos e 3 600 afectados. Os incendios comezaron o 23 de xullo e remataron o 26 de xullo de 2018.
26 de xullo
: Inundacións pola ruptura dunha presa en Laos no 26 de xullo de 2018. A ruptura dunha presa hidroeléctrica na provincia de Attapeu provocou a inundación de numerosas localidades que se encontraban preto dela. Isto deixou un saldo de polo menos 20 mortos, 131 desaparecidos e 6 600 persoas sen fogar.
Agosto
1-6 de agosto
: Inundacións en Myanmar do 1 ao 6 de agosto de 2018. As inundacións, provocadas polas choivas monzónicas, afectaron a varios estados do país. O número de desprazados ascende aos 149 004. Os estados polo número de mortos sería da seguinte forma: o Estado de Mon con 5 mortos, na rexión de Bago con 4 mortos, no Estado de Kayin con 3 mortos, na rexión de Magway con 2 mortos e na rexión de Tanintharyi con 1 morto. O que dá un total de 15 mortos.
2 de agosto
: Onda de calor en Corea do Sur no 2018. Unha onda de calor no país asiático matou a 29 persoas por insolación provocadas polas altas temperaturas.
4 de agosto
: Corremento de terras en Vietnam no 4 de agosto de 2018. As fortes choivas provocaron uns corrementos de terras que deixaron 6 mortos, 4 desaparecidos e 5 feridos na provincia de Lai Chau.
9 de agosto
: Inundacións de agosto de 2018 en Níxer. As inundacións, que afectaron especialmente a Maradi e Diffa, deixaron 22 mortos e 50 000 damnificados; ademais da destrución de miles de casas, tamén afectaron a zonas de cultivo, ao gando e pozos de auga potable.
5 e 19 de agosto
: Terremotos na illa de Lombock en agosto de 2018. A illa de Lombock sufriu dous graves terremotos que provocaron 557 mortos e 431 416 persoas tiveron que abandonar os seus fogares. O custo económico dos sismos é de 459 millóns de euros. O número de feridos é descoñecido.
10-21 de agosto : Inundacións na India do 2018. As inundacións, provocadas polas chuvias torrenciais do monzón no Estado de Kerala —que se prolonga dende o 29 de maio— deixa 417 mortos, 36 desaparecidos e 846 680 refuxiados,. As chuvias tamén afectaron a outros estados como o de Uttar Pradesh con 204 mortos, Bengala Occidental con 195 mortos, Karnataka con 161 mortos e Assam con 46 mortos. Todas estas mortes son rexistradas ata o 22 de agosto, polo que a cifra de vítimas mortais pode cambiar. O número total de mortos é de 1 023. As perdas ascenden aos 2 800 millóns de dólares só no estado de Kerala.
18 de agosto
: Furacán Bebinca en Vietnam do 18 de agosto de 2018. O furacán Bebinca provocou en Vietnam polo menos 6 mortos e 2 desaparecidos. Ademais de destruír 21 casas e 1 200 quedaron inundadas.
20 de agosto
: Crecida do Raganello do 20 de agosto de 2018. As fortes choivas provocaron a crecida do río Raganello en Civita, na rexión de Calabria, deixando 11 mortos, 5 desaparecidos e 23 persoas atrapadas que logo foron rescatadas. As cifras poden cambiar.
25 de agosto
: Terremoto en Irán do 26 de agosto de 2018. Un terremoto de 6'0 graos na provincia de Kermanshah deixa polo menos 2 mortos e 255 feridos e varios danos materiais. As cifras poden cambiar.
31 de agosto-actualidade
: Inundacións do río Níxer dende o 31 de agosto en Nixeria. As inundacións provocadas pola crecida do río Níxer que afectou a 10 estados diferentes en Nixeria deixaron polo menos 100 mortos e numerosas persoas sen fogar.
Setembro
4 de setembro
: Furacán Jebi no Xapón dende o 27 de agosto ao 4 de setembro do 2018. O furacán Jebi deixa no Xapón 11 mortos, máis de 300 feridos e numerosas infraestruturas danadas como o Aeroporto Internacional de Kansai, onde preto de 3 000 persoas tiveron que pasar a noite pola chegada do furacán. : Inundacións en setembro de 2018 en Nixeria. As inundacións polas choivas intensas provocaron no estado de Kebbi polo menos 10 mortos. Ademais de destruír varias casas e zonas de cultivo e de gando.
5 de setembro
: Terremoto de 6'7 graos no Xapón do 5 de setembro de 2018. Un terremoto de 6'7 graos en Hokkaido, que provocou corrementos de terras afectando especialmente a aldea de Atsuma. 44 persoas morreron. O número de feridos ascende a 600. Máis de 2 700 persoas tiveron que abandonar os seus fogares, por danos estruturais.
6 de setembro
: Inundacións en setembro de 2018 en Corea do Norte. As inundacións provocadas polas fortes choivas en varias provincias deixan 76 mortos e 75 desaparecidos, moitos deles nenos. Uns 800 edificios foron destruídos.
7 de setembro
: Onda de calor en Cataluña no 2018. Unha onda de calor na primeira semana de agosto deixa en Cataluña 23 mortos mentres que as altas temperaturas de xullo provocaron 2 mortos. Ademais houbo 66 persoas que foron hospitalizadas por ataques de calor. : Inundacións mortais en Dokö no 2018. As fortes choivas provocaron graves inundacións que mataron a 2 mineiros e destruíron polo menos 11 vivendas no distrito de Kolènda, na subprefectura de Dokö.
14 de setembro-actualidade
: furacán Florence. Tocou o 14 de setembro terra na costa leste dos Estados Unidos. Afectando principalmente ao estado de Carolina do Norte e Carolina do Sur onde xa deixou 37 mortos, 1 ferido e preto de 1 000 000 persoas sen subministración eléctrica.
15 de setembro-actualidade
: Furacán Mangkhut no 2018. O furacán Mangkhut deixa no norte da illa de Luzón, polo menos 155 mortos, 126 000 de afectados e 70 desaparecidos, ademais de danar zonas de cultivo.
: Furacán Mangkhut no 2018. O furacán deixa 2 mortos e 213 feridos na rexión de Hong Kong.
21 de setembro
: Canícula no verán en Francia de 2018. A canícula durante o verán de 2018 en Francia e unha onda de calor entre o 24 de xullo e o 8 de agosto deixa 1 500 mortos.
22-23 de setembro
: Inundacións do 22 e 23 de setembro en Tunisia. As fortes choivas no nordeste do país, do 22 e 23 de setembro provocaron inundacións que mataron polo menos 4 persoas.
28 de setembro