A 14ª edición da Tour do Benelux, dende o 2017 coa denominación de BinckBank Tour, foi unha carreira ciclista celebrada nos países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo) entre o 13 e o 19 de agosto de 2018.

A carreira constou en seis etapas en liña e unha contra reloxo individual curta. Comezou na cidade neerlandesa de Heerenveen. Logo de completar de 1.122,4 quilómetros, a volta finalizou na mesma localidade da edición anterior, en Geraardsbergen, Bélxica. Esta foi a vixésimo novena proba do UCI WorldTour 2018.

O vencedor final foi o esloveno Matej Mohorič por diante do australiano Michael Matthews e o belga Tim Wellens.

Nas clasificacións secundarias, Zdeněk Štybar conseguiu o xersei vermello dos puntos, Elmar Reinders o negro da combatividade e o Quick-Step a clasificación por equipos.

Equipos Nesta edición BinckBank Tour participaron 23 equipos: 18 do UCI WorldTour e 5 da categoría Profesional Continental.

UCI World Tour Equipo Código País AG2R La Mondiale ALM Astana AST Bahrain-Merida TBM BMC Racing Team BMC Bora-Hansgrohe BOH Dimension Data DDD EF Education First–Drapac EFD Groupama-FDJ GFC Katusha-Alpecin KAT Lotto-Soudal LOT LottoNL-Jumbo TLJ Mitchelton-Scott MTS Movistar Team MOV Quick-Step Floors QST Team Sky SKY Team Sunweb SUN Trek-Segafredo TFS UAE Team Emirates UAD

Profesional Continental Equipo Código País Roompot-Nederlandse Loterij RNL Sport Vlaanderen-Baloise SVB Veranda's Willems-Crelan VWC Wanty-Groupe Gobert WGG WB Aqua Protect Veranclassic WVA

Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1.ª 13 de agosto Heerenveen - Bolsward 177,3 Fabio Jakobsen Fabio Jakobsen 2.ª 14 de agosto Venray 16px 12,7 (CRI) Stefan Küng Stefan Küng 3.ª 15 de agosto Aalter- Anveres 166 Taco van der Hoorn Matej Mohorič 4.ª 16 de agosto Blankenberge - Ardooie 165,5 Jasper Stuyven Matej Mohorič 5.ª 17 de agosto Sint-Pieters-Leeuw - Lanaken 209,2 Magnus Cort Nielsen Matej Mohorič 6.ª 18 de agosto Riemst - Sittard-Geleen 182,2 Gregor Mühlberger Matej Mohorič 7.ª 19 de agosto Lagos de l'Eau d'Heure- Geraardsbergen 209,5 Michael Matthews Matej Mohorič Total 1.122,4 Matej Mohorič

Clasificación xeral A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Matej Mohorič Bahrain-Merida 25h 13' 01" 2 Michael Matthews Team Sunweb + 5" 3 Tim Wellens Lotto-Soudal + 20" 4 Maximilian Schachmann Quick-Step Floors + 25" 5 Dylan Van Baarle Team Sky + 34" 6 Greg Van Avermaet BMC Racing Team + 37" 7 Søren Kragh Andersen Team Sunweb + 39" 8 Gregor Mühlberger Bora-Hansgrohe + 43" 9 Niki Terpstra Quick-Step Floors m.t. 10 Jasper Stuyven Trek-Segafredo + 50"

Evolución das clasificacións Nesta competición existen 4 clasificacións. A primeira e máis importante é a clasificación xeral, obtida pola suma dos tempos dun corredor de todas as etapas. Ademais repartíronse bonificacións de tempo. Nos finais de etapa aos tres primeiros clasificados con 10, 6 e 4 segundos respectivamente, e nos sprints intermedios de cada etapa do "quilómetro de ouro" con 3,2 e 1 segundos. O corredor con menos tempo acumulado ao final das 7 etapas é o vencedor desta clasificación e polo tanto, do xersei verde.

Existe tamén a clasificación dos puntos, que se reparten entre os 10 mellores clasificados de cada etapa e nos sprints intermedios. O corredor con máis puntos acumulados leva a vitoria nesta clasificación e o xersei vermello. A clasificación da combatividade funciona da mesma maneira que a dos puntos, pero tan só tendo en conta os puntos dos sprints intermedios. O gañador da combatividade é premiado co maillot negro. Por último, tamén se disputa a clasificación por equipos, que se obtén da suma dos tempos tres mellores ciclistas dun mesmo equipo en cada etapa. O equipo cun tempo sumado menor é o campión desta clasificación. +EtapaVencedorClasificación xeral 24pxClasificación dos puntos 24x24pxClasificación da combatividade 24pxClasificación por equipos 1 Fabio Jakobsen Fabio Jakobsen Fabio Jakobsen Dries de Bondt Quick-Step Floors 2 Stefan Küng Stefan Küng Stefan KüngBMC Racing Team 3 Taco van der Hoorn Matej Mohorič Fabio Jakobsen Taco van der Hoorn 4 Jasper Stuyven Caleb Ewan Elmar Reinders 5 Magnus Cort Nielsen Dries de Bondt 6 Gregor MühlbergerElmar ReindersQuick-Step Floors 7Michael Matthews Zdeněk ŠtybarFinal Matej Mohorič Zdeněk Štybar Elmar Reinders Quick-Step Floors

Notas

Véxase tamén Outros artigos Benelux Eneco Tour

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Ciclismo en 2018